OS TRES TENEDORES
Música, humor e referencias culinarias unha boa mestura para satisfacer tódolos sentidos. Moi animado e divertido.
Música, humor e referencias culinarias unha boa mestura para satisfacer tódolos sentidos. Moi animado e divertido.
Espectáculo facscinante sobre o mundo dos paxaros e a natureza. A intérprete mostra una sensibilidade exclusiva dos grandes artistas. O escenario está ateigado de detalles evocadores. Gustou moito. Altamente recomendable!
Para conmemorar o Día do Libro Infantil invitamos a compañía de teatro Trécola que nos trouxo un divertido espectáculo baseado na obra de “Las tres Reinas Magas” de Gloria Fuertes.
O público saíu moi agradecido e tanto nenos/nenas coma adultos/as considerárono un bonito agasallo antes do Nadal.
Interesante combinación de música e maxia para celebrar as Letras Galegas.
Teatro Calavera estivo na BPM de Camariñas coa obra “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa” e o obradoiro creativo de magadalenas con fondant.
Resultaron exitosas as dúas actuacións. Os nenos/as gozaron tanto da obra coma facendo as súas creacións coas magdalenas. O grao de satisfación foi moi alto. A escenografía moi traballada e a posta en escea impecable.
Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.
Ciencia e máis contos, unha boa combinación para entreter aos máis pequenos. A intérprete consigue cautivar cos seus relatos breves e cos experimentos científicos.
Os de Xanela Ocio déronlle outra volta ao conto e presentáronnos relatos actuais e divertidos cos que é doado identificarse.
Obradoiro que cautivou aos participantes. Estes sentíronse científicos e aprenderon moito sobre electricidade estática, reaccións químicas e libros.
Obradoiro creativo de gran calidade. Os participantes pintan na súa pel personaxes inventadas por eles mesmos e despois realizan unha pequena dramatización.
Séguenos