CONTOS E XOGOS- CAMARIÑAS

A contada de Patricia en Camariñas foi moi divertida. Os nen@s xogaron e participaron en todos momento no desenvolvemento da actividade.

A contada de Patricia en Camariñas foi moi divertida. Os nen@s xogaron e participaron en todos momento no desenvolvemento da actividade.

Unha presa de contos, combinados con xogos, maxia e moita diversión aliaronse para darnos unha estupenda lección sobre a igualdade de xénero. Ademais houbo merenda para todos.


O Carballo con Botas deeixou moi boas sensacións en Camariñas. Converteu as malas novas en fabulosos corazóns cheos de boas intencións, contos moi divertidos e moitas risas.
En Camariñas rematamos a Semana da Ciencia con este obradoiro de submarinos. Foi de moito interese para os participantes e cumpriu coas nosas expectativas.



A actividade desenvolveuse en tres momentos, unha parte expositiva na que mediante unha proxección se lles explica diferentes contidos científicos relacionados coa temática dos foguetes, un obradoiro no que construiron un foguete por grupo e un apoteósico final co lanzamento dos mesmos.


O Raposo Rufo foi o guía para instruir aos rapaces/zas nos contidos do coidado da natureza, reciclaxe e hábitos saudables. Unha pequena exposición seguida dun obradoiro nos que deseñaron os seus propios títeres. Moi amena e participativa.


O Día da Ciencia, Jesús Fernández do Colectivo Ciencia en Movemento achegouse a Camariñas co Museo Científico. Unha vintena de obxectos científicos para tocar, observar e experimentar. Actividade altamente recomendable. Inicialmente tiña unha duración de 90 minutos e prolongouse 2 horas, durante as que os asistentes mostraron moitísimo interese polos coñecementos científicos que se lles presentaban dun xeito ameno e distendido, a través de xogos e exemplos próximos a eles.


Na biblioteca de Camariñas sucedeu un espantoso crime que Manuel e o grupo de “biotecnólogos” locais resolveron con moita profesionalidade.
A actividade desenvolveuse dun xeito moi fluído. Os participantes convertíronse en detectives e científicos, participaron activamente e divertíronse, ao mesmo tempo, recibían unha valiosa información de carácter científico.


Cristina Collazo ofreceunos un espectáculo máxico que curou tódolos males e medos de nenos e adultos dun xeito divertido e cunha escenografía impecable.


Na biblioteca de Camariñas tamén o pasamos de medo cos contos de Carmen Domech. Cinco relatos narrados con diferentes técnicas cunha estética impecable, atractiva e orixinal. Creouse unha atmosfera de humor, terror e amor na que os nenos se sumerxiron incondicionalmente. Foi un espectáculo sorprendente.



Séguenos