Obradoiro de banda deseñada. SANTY GUTIÉRREZ na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre.


Obradoiro eminentemente práctico, onde cada participante realiza a súa páxina de cómic.
Santy Gutiérrez comeza polo texto: o guión literario e o guión en viñetas. Esto acompañado dunha páxina co esquema de catro viñetas en branco, onde haberá que ir seguindo o guión.
Unha vez lido o texto, debemos centrarnos no deseño do personaxe principal, o protagonista. Fixarnos nos seus xestos, nos seus movementos, etc.
Sinala a importancia da distribución de cada viñeta. Primeiro situar os textos e encerralos en “bocadillos”. Vai aproveitando para comentar os diferentes tipos de bocadillos, dependendo de cada situación.
Destaca tamén a importancia de cada plano, para mostrarnos os diferentes tipos de planos.
Intercala así teoría e práctica a medida que vai artillando a páxina. Desenvolve a actividade dunha maneira moi didáctica, pois partindo dunha práctica real, vainos achegando á linguaxe do cómic.
Trátase de que os participantes realicen o seu propio tebeo, disfruten debuxando e aprendan os recursos de expresión do cómic.






















Séguenos