“CONTAMAXIAS” DO MAGO PACO EN DODRO

Espectáculo con moita maxia pero tamén con moitos contos, moitos personaxes e moitas risas.


Espectáculo con moita maxia pero tamén con moitos contos, moitos personaxes e moitas risas.

Espectáculo con música, narración oral e monicreques sobre a amizade e a concienciación ambiental.


O pasado venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca co obradoiro do Faiado de Nin: A arte de ler: deseño de bolsas e mochilas para grandes lectores/as.
Nesta actividade, o publico asistente personalizaron bolsas e mochilas de tea con deseños relacionados coa lectura, empleando diversos materiais como retais, abalorios, etc. dando renda solta a súa imaxinación.
O obradoiro foi moi entretido para as nenas e nenos que participaron.


O pasado día 8 de outubro, con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a Biblioteca Municipal de Dodro acolleu a sesión: Mulleres Científicas por Ciencia Divertida.
Actividade, na que a través de experimentos, os pequenos puideron coñecer as grandes achegas de moitas mulleres (mulleres con nomes propios que cómpre coñecer) ao desenvolvemento da ciencia desde a antigüidade aos nosos días.


Montse Fajardo deu, o venres pasado, unha charla “A represión contra as mulleres”. Falounos, con fotografías e historias sobrecolledoras das mulleres, que por estar emparentadas con homes represaliados ou por a súa ideoloxía, sufriron a represión do golpe de estado de 1936. Tamén repasou as distintas tipoloxías de represión como agresións sexuais, tatuaxes na pel, rapas do cabelo… e as consecuencias que para as mulleres tivo a ditadura franquista, “que relegou á muller ao papel de esposa e nai”.
Charla amena e moi interesante.


O pasado día 29 de setembro, estivo con nos Harris, a toupa arqueloga, para facer desfrutar a nenos e maiores coas súas aventuras.
Unha orixinal maneira de achegar as mámoas e o patrimonio cultural aos máis pequenos/as.


O venres pasado, puidemos disfrutar dun orixinal sesión de contacontos: Un bosque na maleta, no que Anxo Moure nos acercou, coas suas historias, ás árbores,á natureza, . .. promovendo así, a coidar o medio ambiente.
Conectou fantasticamente cos cativos.


A Biblioteca de Dodro celebrou o 16 de outubro o obradoiro Robótica na biblioteca, coa escola Átomos.
Os participantes fixeron cadanseu robot, que despois levaron para a súa casa, unha pantalla facial, presenciaron o funcionamento dunha impresora 3D e aprenderon de forma divertida sobre tecnoloxía, electrotecnia, mecánica….
O grao de satisfacción dos asistentes foi elevado.


Os asistentes ao obradoiro, que se realizou o 18 de outubro, seguindo as indicacións de Miguel Cortés, fixeron figuriñas de animais, con e sen movemento.
Unha maneira entretida de coñecer e aprender unha tradición oriental, a papiroflexia.


O pasado 24 de octubro, levouse a cabo na Biblioteca Municipal de Dodro un obradoiro de caligrafía chinesa “Os catro tesouros” no que Miguel Cortés explicou de forma amena: a historia desta técnica, a súa práctica e os materiais que se empregan nela. Unha vez que aprenderon a posición correcta para coller o pincel, os participantes escribiron algúns caracteres sinxelos co pincel e tinta chinesa.
Tanto aos nenos/as como aos maiores disfrutaron moitísimo descubrir a beleza da escritura chinesa



Séguenos