O Xigante de Elefante Elegante
O venres 9 de outubro en Caión recibimos a Elefante Elegante coa sesión de contacontos “O Xigante”. O contacontos realizouse tamén no ximnasio do CEIP de Caión xunto a Biblioteca.

O venres 9 de outubro en Caión recibimos a Elefante Elegante coa sesión de contacontos “O Xigante”. O contacontos realizouse tamén no ximnasio do CEIP de Caión xunto a Biblioteca.

O martes 6 de Outubro, na Biblioteca da Laracha levouse a cabo a sesión de contacontos de “Estrafalaria” de Xarope Tulú. Unha obra que incide especialmente na igualdade de xénero e a discriminación que sufriu a muller o longo da historia.

O Domingo 4 de outubro a Biblioteca da Laracha acolleu a sesión de contacocontos de Tremola Teatro dirixida a bebes (0 a 4 anos) .Un espectáculo precioso , cunha posta en escea que conseguiu captar totalmente a atención dos pequenos.


O mércores 30 de Setembro, realizouse a sesión de contacontos do Coelliño Branco en Caión. Por motivos de seguridade, realizouse no ximnasio do CEIP de Caion, que está o lado da Bliblioteca de Caión, xa que as dimensións de esta Biblioteca son moi reducidas.


Venres 25 de Setembro na Bliblioteca de Laracha a primeira sesión de Contos da Bruxa Chispum. Os nen@s disfrutaron de unha sesión de contacontos seguida de un pequeno taller no que fixeron unha pompa para a ducha.

Mércores 14 de outubro na Biblioteca Paiosaco (Centro socioultural) tivo lugar a segunda sesión dos contos da Bruxa Chispum. Esta vez, o rematar o conto realizaron un colgante con diversas augas de cores.


O martes 22 de setembro a Biblioteca de Paiosaco (Centro Sociocultural de Paiosaco )acolleu a David Mendez con “Maxia de aquí e de acolá”. Os nen@s pasaron un rato moi entretido e divertido.


O venres, 26 de outubro, o cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa pasaron e fixeron pasar unha tarde moi entretida aos asistentes a Biblioteca da Laracha.


Ao remate do espectáculo, os máis cativos participaron na elaboración dun doce teatral…

Onte pola tarde, xoves 25 de outubro, disfrutamos coa función de Cecilia e a súa boneca de A Run Run

Unha tarde que encheu de sorpresas e grande expectación ao público da Biblioteca de Caión.
O venres 19 de outubro visitou a Biblioteca de Paiosaco A máquina do tempo de Teatro Ghazafelhos

A doutora Mon e o seu axudante achéganos a diferentes idades da historia da humaninade, desde o traslado dun troglodita a nosa época… até poder sentir a Leonardo da Vinci….
Os asistentes tomaron protagonismo durante toda a contada, sendo unha parte fundamental para o bo desenvolvemento da obra.
Tarde de sorpresa e animación co obradoiro de Laura Alonso

Que sorpresa é dárlle vida aos debuxos!!

A biblioteca de Caión encheuse de aprendices e futuros artífices da próxima fornada no ámbito da animación.


Séguenos