Lydia Botana “Feira das linguas”
Rematamos os contacontos en caión con Lydia Botana e a sua feira das linguas. Unha tarde de música, contos e linguas.

Rematamos os contacontos en caión con Lydia Botana e a sua feira das linguas. Unha tarde de música, contos e linguas.

Este martes 5 de outubro acellemos na Biblioteca de Paiosaco o contacontos de Naturizo a cargo de Sarabela Teatro. Un conto para cultivar a imaxinación, aprender a importancia de cuidar o medio ambiente, o reciclaxe e a protexer os nosos animais.

O domingo 3 de outubro na biblitoeca da Laracha pasamos unha mañá moi divertida con Migallas teatro e o contos dos “tres porquiños” un conto no que os bebés disfrutaron moito!

O xoves 28 de setembro na Biblioteca de caión acollemos a ciencia en movemento co “Museo Cientifico”. Unha tarde chea de coñecemento, diversión e grandes descubrimentos para os máis pequenos pero tamén para os maiores.

O xoves 23 de Agosto a Biblioteca de Paiosaco acolleu o espectáculo de “Caxoto”, un contacontos cheo de humor, igualdade de xénero. e moi pouco de cociña.


Actuación de Caxoto na Biblioteca de Paiosaco

O martes 14 de setembro na Biblioteca Municipal da Laracha acollemos o show de maxía de Pedro Bugarín. Un espectáculo cheo de humor, no que a participación do público é esencial e a maxía é emocionante para os máis pequenos e non tan pequenos. O públio alí presente pasou unha tarde moi divertida ao par que emocionate.




O xoves 9 de setembro Charo Pita levou a cabo a primera actuación no centro comunitario de Caión inagurado o día anterior polo presidente da Xunta. A este centro moudouse a Axencia de lectura de Caión o que facilita un espazo para a realización de contacontos e actividades de dinamización a lectura como o caso de “mirando ao ceo ” de Charo Pita. Un contacontos cargado de maxia, imaxinación e sobretodo fauna marina moi acertado para o público alí presente xa que caión é un porto de mar.



O venres 23 de outubro, tivemos o ultimo contacontos na biblioteca de Paiosaco. “Aprendendo a querer ” é un espectáculo no que os nen@s aprenden a importancia de saber indentificar unha relación sá con outra persona, e deste modo saber quen nos quere ben.

O martes 20 de Outubro, acollemos en Caion a Titeres Alakrán coa función “Os soños na gaiola”. Unha sesión chea de maxia, na que os nen@s disfrutaron coas historias dos personaxes que se asomaban a través da gaiola.

O venres 16 de outubro na Biblioteca da Laracha acollemos a Migallas Teatro con “Cantacontos”. Unha sesión chea de música e diversión.



Séguenos