CASTELAO PARA CRIANZAS

Usuarios da biblioteca escoitando historias , debuxando e cantando ao ritmo da pandeireta no Ano Castelao

Usuarios da biblioteca escoitando historias , debuxando e cantando ao ritmo da pandeireta no Ano Castelao


O 25 de abril ás 19:00 horas con motivo da celebración dos actos do Día do Libro contamos na B.P.M. de Valdoviño co espectáculo do Mago Teto “A MAXIA DOS CONTOS (CONTOS DE MAXIA)” con gran éxito de público familiar no que as palabras e os libros foron o fío conductor das maxias e ilusións que abraiaron a todo o público presente
Obradoiro de aprendizaxe de técnicas para a creación dun libro pop up con contido referido á biografía de varias científicas galegas. Impartido Por Sheila García.

Proxección do documental acerca da traxectoria profesional do fotógrafo popular galego José Gestal (CARDOÑA) e posterior coloquio cos asistentes para por en valor a profesión deste tipo de fotógrafos que percorreron as nosas vilas e pobos e a importancia de recuperar e conservar os arquivos fotográficos familiares.


Obradoiro sobre a figura de Asorey. Moi didáctico. Na primeira parte faise unha breve explicación acerca da figura de Asorey e móstrase parte da sua obra en imaxes. Na segunda parte trabállase sobre a un par de obras do artista utilizado o barro e o papel. Os asistentes levan as obras para casa.
Espectáculo de teatro musical para público infantil no que se trata o tema do mal uso da tecnoloxía e das redes sociais a través de figuras do imaxinario popular que tamén poñen en valor a importancia da conservación do patrimonio natural galego.


Unha historia moi recomendable para público familiar sobre a tolerancia a ser diferente
Un obradoiro para disfrutar creando alfabetos en branco e negro e cor no que poden compartir aprendizaxes tanto adultos como nenas e nenos.

Oscar e Miguel forman Minguante, un duo que ofrece un espectáculo en acústico de poemas musicados en galego e de autores galegos


Séguenos