23/10/2024
O obradoiro “A Biblioteca Ideal” foi unha idea axeitada para celebrar cos máis pequenos e as súas familias o día das bibliotecas. Nel Gustavo ensinounos cómo funcionaba unha biblioteca, cómo se ordenaban os libros, como se etiquetaban, etc. Ademais fixemos os nosos propios autoretratos e eleximos un libro cada un para así, durante a semana na que se celebra o día das bibliotecas deixalo nunha estantería da nosa para recomendarllelos a todos os que se acheguen por alí.
Xunto con isto Gustavo leeunos un par de libros de cousas fantásticas que pasaron na nosa biblioteca fai un tempo, por exemplo, unha vez que entrou un león e se fixo amigo da bibliotecaria. Por último fixemos o noso propio libro, entre todos creamos o libro que titulamos”A Biblioteca Ideal”, no cal cada un deixou fluir a súa imaxinación de cómo sería para él a súa biblioteca soñada, o libro tamén quedou na Biblioteca Pública de Alfoz, para quen o queira consultar, ou incluso completar porque aínda ten algunha páxina en blanco para expresar a biblioteca que nos gustaría ter, este libro atópase debidamente etiquetado cómo un libro máis da nosa biblio!
En resumo unha mañá moi entretida na cal os pequenos xunto coas súas familias aprenderon moitas cousas e pasearon pola súa biblioteca ideal.

Séguenos