OS CONTOS DA FESTA DO FAIADO NA BIBLIOTECA DE ALFOZ
” Os contos da Festa no Faiado” e unha sesión de contos para achegar ás nenas e nenos a figura de Mª Victoria Moreno, ao seu mundo divertido cheo de amor pola lingua galega, os animais, as viaxes, o mar…Contos cheos de preguntas para que o público interactúe, inventando e enchendo de vida os contos contados. Fomentando a lectura a través dos contos, así como a imaxinación dos nenos/as. Excelente acollida do evento de Marta Ortiz para homenaxear a personaxe a cal de adicou as Letras Galegas 2018.
o


















O día 27 de abril a Biblioteca de Alfoz celebrou o día do libro con unhas simpáticas pizzeiras de Sarabela Teatro. Escoitamos os seus contos facendo as ledicias do público asistente.


Séguenos