Estupenda tarde en compañia de Carlos e Enrique, compoñentes de Polo correo do vento e os nenos da comarca do Ribeiro. Grazas a todos por participar no contacontos “O misterio do pirata Benito Soto” e o obradoiro de pintura posterior.
A Biblioteca Pública Municipal celebrou o Dia do Libro cun contacontos para nenos da man da compañía Pavís Pavós. Ao finalizar recibiron como agasallo un libro e caramelos. Estas son as fotos
A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrou o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun espectáculo titulado ” Maxia cómica” da man de Leo Leiño.
Maxia cómica é un espectáculo para nenos e adultos, na que participaron os asistentes. Divertida e sorprendente e relacionada cos libros e contando unha historia que ía unindo os distintos xogos. Vamos….que os nenos pasárono en grande e os pais tamén.
O 24 de outubro celebramos o Dia das bibliotecas cunha actividade de animación á lectura titulada “O príncipe predestinado” de Mª Eugenia Muñoz Fernández. Os nenos pasárono ben cunha audiovisual, un contacontos e un obradoiro no que realizaban unha viaxe ao mundo dos xeroglíficos exipcios a través dun misteriososo papiro esnaquizado.
O 6 de maio a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organizou un obradoiro da man de Xosé Tomás Díaz Teijo que fixo un obradoiro de banda deseñada para nenos da ESO, na que lles ensinou os principios básicos do cómic e despois levárono á práctica coa elaboración dunha viñeta.
Para celebrar o Dia Internacional do Libro tivemos unha actuación da compañía Glup Glup Teatro coa obra “Catalina Lino Lina”. Unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público de 3 a 12 anos a paixón polos libros. Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras. Asistiron a obra nenos do CRA Amencer e nenos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia, en total uns 125 nenos.
O 2 de abril María Rodríguez Salgueiro puso en escea o contacontos teatralizado “Nanoteatro”. Levaron a cabo a escenificación de dous contos “Adjar” que conta comounha nena, Matilde , terá que ir ao centro da terra para comprender a cólera do dragón, responsable do sismo no seu país e “Papamedos” no que un neno que ten medo da escuridade e un irmán que inventa un amigo imaxinario que come todos os medos. Asistiron nenos de Educación Infantil do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia
O 24 de outubro celebramos na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia o Dia da Biblioteca e o 50 aniversario da creación da biblioteca cun contacontos da man de Sherezade Bardají titulado “Onde viven os monstros”, un espectáculo de luces e sombras. Despois repartimos libros a todos os asistentes e celebramos o aniversario cunha tarta.



O 17 de maio, Dia das Letras Galegas a biblioteca trasladouse coma todos os anos á Praza Maior e celebrouno con distintas actividades, eso si, tivemos que meternos a colleito no patio do Pazo dos Condes, onde montamos a mostra bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño, de libros en galego que son novidades na biblioteca e con agasallo de libros en galego. As 12 h. tivo lugar un contacontos con monicreques da man de Anima Accion e o seu espectáculo Os Kiricreques, dentro do programa Ler conta moito, os cales lles explicaron aos nenos cousas relacionadas co Dia das Letras Galegas. Ademais no Salón de Plenos do Concello tivo lugar paralelamente unha conferencia de Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e autor do libro “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro”. Ao finalizar a conferencia ex-membros de Abrente e membros de Teatro do Vilar fixeron unha lectura dramatizada de textos de Vidal Bolaño.
Os nenos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia asistiron para celebrar o Dia do Libro a unha sesión de contacontos titulada “Contacontos de libros contentos” que Carmen Domech de Títeres Cachirulo levou a cabo no escenario do Auditorio da Casa da Cultura, xa que na sala infantil da Biblioteca non cabían, dentro do programa Ler conta moito e para conmemorar o Dia do Libro. Ao rematar a actividade fixemos un sorteo de libros e camisetas merchandising do María Moliner. Os nenos pasárono de maravilla cos seus contos, dalgúns libros saía lume, doutros auga e incluso había algún parlanchín.
Previamente a asistir ao contacontos visitaron a exposición da Biblioteca que neste mes de abril adicou a coñecer a colección local de Ribadavia. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º asistiron ademais a unha proxeción audiovisual sobre historia e arte de Ribadavia. Estas son algunhas fotos:


Séguenos