Contos de cogomelos, canela e melón na Biblioteca de Caldas de Reis
Marisa Irimia estivo en Caldas de Reis o pasado xoves 3 de setembro cun feixe de contos onde fantasía e tradición foron da man e fixeron as delicias de grandes e pequenos.
Marisa Irimia estivo en Caldas de Reis o pasado xoves 3 de setembro cun feixe de contos onde fantasía e tradición foron da man e fixeron as delicias de grandes e pequenos.
O mércores dous de setembro Raquel Méndez de OQO visitounos cun feixe de contos que fixeron as delicias de grandes e pequenos! Moitas risas nunha espléndida mañá de sol!

O martes 1 de setembro estivo Xarope Tulú no xardín, ao ladiño da Biblioteca Municipal. Tivemos un día espléndido e pasámolo moi ben coas historias que nos trouxo Atenea.
A Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis “P. M. Martínez Ferro” organizou o pasado venres 4 de outubro a actividade “Contando números, cantando cores” a cargo de Pablo Díaz. O músico coruñés moi coñecido pola xente miuda grazas aos seus traballos discográficos e colaboracións fíxonos reflexionar e por suposto pasalo moi ben cos seus contos e cantos.

O pasado venres 13 de setembro visitounos Migallas Teatro coa actividade “Elas pintan moito”. Foi toda unha aventura facer unha viaxe polo mundo a través da vida e obra de catro pintoras. A contada tiña todos os ingredientes para que a rapazada o pasara en grande: didáctica, lúdica e moi participativa.

Quen asistiu ao obradoiro creativo levado a cabo por “Teatro Marionetas Trécola” puido dar renda solta a súa creatividade e realizar a súa propia marioneta articulada. Vinte e cinco artistas levaron para a súa casa, cadansúa obra de arte.

All-focus

All-focus
O paroleiro visita a biblioteca de Caldas de Reis da man de Pablísimo quen fixo rir, cantar e imaxinar a un grupo de rapaces e de rapazas que viron como das súas maletas e petos saían poemas e contos.

Un grupo de nenos e nenas pasárono en grande con Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Contos e cancións para enfrontarnos a todo tipo de medos e situacións perigosas.
O luns 15 de xullo o mago Javier Muro trouxo ata a biblioteca municipal de Caldas de Reis o seu espectáculo O neno que quería ser mago, un conto de animación onde o teatro e a maxia fixeron que un grupo de nenos e nenas empezaran a semana cunha chea de sorrisos.

A tarde do venres 15 de xuño foi especial. A biblioteca encheuse de nenos e nenas entre os seis meses e os tres anos para gozar coa sesión de contos teatralizada de Trinketrinke Teatro. Vanessa trouxo un feixe de contos e unha sorpresa, un enorme ovo do que naceu un pito moi especial.


Séguenos