“Contos do chupete” na Biblioteca Central Rialeda (Oleiros)
O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. 
O 1 de outubro tivemos a sorte de gozar coa sesión “Contos do chupete” a cargo de Migallas Teatro. 
O venres 25 de setembro volvemos contar con Raquel Galavís.
O seu espectáculo cantacontos levou a uns 170 rapaces o mundo máxico dos contos e da música.
Os rapaces participaron activamente.

Divertidos xogos de maxia, cunha boa posta en escena, fixeron disfrutar a todos os asistentes desta actividade na Biblioteca de San Pedro de Nós en Oleiros
Participación entusiasta por parte do público tanto infantil como adulto que se rendiu aos trucos de maxia de Chrystian Magic . Espectación, risas e grandes sorpresas foron os protagonistas dunha calurosa e máxica tarde na biblioteca.

A BPM de Celanova ven de rematar o obradoiro O lápis máxico cunha moi boa acollida por parte dos nenos. É unha actividade lúdica que tenta promocionar a creatividade dos cativos. Pasáronno tan ben que se lles fixeron poucas as sesións.


SANYO DIGITAL CAMERA

Na tarde do mercores tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas o contacontos Conto Express no que Ranpunzel e Grettel Chanetti chegaron en bicicleta a biblioteca con contos express e precisaronn da colaboración dos nenos e nenas de Ponte Caldelas para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. Os rapaces disfrutaron coa activudade. E de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silen
ciosos.

O pasado 13 de agosto a Axencia de Lectura Municipal de Carnota acolleu a función “Conto Espress”, de Sarabela Teatro.
O pasado 12 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello do Riós, tivemos o pracer de coñecer a unha ratiña moi especial, Lilí Gruyère. O contacontos teatral “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro entusiasmou a todos os asistentes. Mediante cancións e contos, amosounos a importancia de comer axeitadamente e destacou o valor das persoas máis maiores.

Teatro Calavera recalou en Carnota o pasado 30 de xullo coa función “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, unha divertida peza de teatro infantil que se complementou cun obradoiro de pasta de azucre.

O 23 de xullo o salón de actos do Concello de Carnota acolleu o espectáculo “O traxe novo do rei”, unha divertida adaptación do conto clásico de Anderesen, da man de Tarabelos, que engaiolou a pequenos e a maiores.
O sábado 20 recibimos a Magín Blanco na BPM de O Grilo. Alí levounos as historias de viaxes de “A Nena e o grilo”, da locomotora María Fumaça, ou de “Rosalía pequeniña”. Pero tamén tivemos algunha sorpresa e visita dalgún dos protagonistas das cancións e o público puido pedir algún tema que quería que cantasemos e bailasemos. Toda unha festa entre libros



Séguenos