“GALE, A HISTORIA DA LINGUA GALEGA”, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE A RÚA
No día de hoxe, tivemos a Celtia Figueiras con “GALE, A HISTORIA DA LINGUA GALEGA” , para pechar a semana de actividades arredor do “DÍA DA BIBLIOTECA”. Celtia fixo con “GALE” un percorrido pola historia da lingua galega segundo o libro de Pepe Carreiro. Todo esto con teatro, sombras e monicreques. Viñeron a actividade 63 alumnos dos cursos de 4°, 5° e 6° de primaria do C. E. I. P. Manuel Respino, que compañados polas suas mestras estiveron moi atentos a toda a función.




























Séguenos