A BIBLIOTECA JUANA IBARBOUROU DE LOURENZA CONMEMORA O DIA DO LIBRO

Unha actividade onde a música e a voz fixo o deleite dos asistentes, achegando a poesía musicalizada á infancia

Unha actividade onde a música e a voz fixo o deleite dos asistentes, achegando a poesía musicalizada á infancia

Marina, a serea da Illa de Sálvora contounos cómo era a súa vida a través dunha historia chea de sorpresas e intrigas das xentes do mar, na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.
O pasado 3 de abril LEO LEÍÑO visitou a Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea (Ponteareas) coa actividade “Maxia e humor. Entre libros anda a maxia” co motivo da celebración do día do Libro Infantil e Xuvenil. Tivemos chamas das que saíu un coello, libros encantados… Tanto os nenos coma os grandes gozaron dos diversos números xuntando a maxia coas risas, a ilusión ca diversión… Os nenos prestáronse encantados como axudantes de maga para realizar algúns trucos: a fonte, o abano…
Todo isto fixo un grande espectáculo de maxia, mesturado esquisitamente coa dramatización e a música, da man sempre tan profesional de Leo Leíño.

Cris de Caldas chegou o sábado moi ben acompañada ata a Axencia de lectura de San Vicente
A través de A galiña azul, realizou unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul viña con moitas sorpresas para darnos a coñecer outras obras de Casares e algúns contos de tradición.

Despois da sesión de contos, desenvolveuse un obradoiro no cal participaron grandes e pequenos. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.

O pasado 7 de abril Fran Rei achegouse ata o salón de actos da biblioteca da casa da cultura do Valadouro para contarlle ós numerosos nenos que se achegaron para ver a cita a historia de Blancaflor. Unha actividade na que os nenos disfrutaron desde o primeiro minuto.

O Carballo con botas chegou a Xermade cargado de monicreques na súa titiricleta. Contounos contos solidarios e a través deles os asistentes poideron viaxar por mundos fantásticos e tamén por lugares onde non hai paz, e onde viven persoas de xeito moi distinto ó noso. Anxo Moure ofreceunos a súa sabedoría e ensinounos a maneira de perseguila paz e de non deixala escapar das nosas vilas.

O xoves día 6 de abril celebramos en Fene o Día do Libro Infantil e Xuvenil coa visita de Elefante Elegante e o seu espectáculo “O xigante”. Era a primeira vez que viñan e había moita expectación! De feito encheouse a biblioteca (máis de 100 asistentes) a pesar de facer un día estupendo fora.

A compañía Elefante Elegante presentou “O Xigante”, unha obra inspirada nun conto de Oscar Wilde que narra unha historia na que conviven o cómico e o poético, a forza da palabra e a elocuencia do xesto, a plasticidade da manipulación dos obxectos e a evolución do dispositivo estenográfico.

Foron 45 minutos de risas e sorpresas e temos claro que repetiremos pronto porque encantounos a tod@s!!

Onte 5 de abril -mércores- celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) cos alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da Escola Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Andrea Vázquez de Os Piñeiriños estivo co seu espectáculo de narración oral “MERGULLÁMONOS?…” contándonos un feixe de historias que fixeron que nos mergulláramos no noso planeta percorrendo o mesmo a través dos contos e das cancións de varios lugares do mundo e da nosa Galicia natal.
Tivemos xureliños, serpes, búhos e tamén a Galiña azul nunha pequena homenaxe ao autor Carlos Casares ao que se lle adica este ano 2017 o Día das Letras Galegas.
Pasámolo estupendamente con Andrea. Mirade nestas fotos como estabamos de contentos e animados…
O pasado 31 de marzo de 2017 tivemos a sorte de disfrutar do espectáculo “Canta connosco”, de Migallas, nel combinanse cancións con accións dramáticas, queremos resaltar que conseguiron engarchar a todo o público, tanto grandes como pequenos e que se disfrutou moito desta actividade. E resaltar que os temas que se tratan axudan a fomentar a lectura por pracer, o coñecemento dos xogos tradicionais, a língua galega, entre outros temas.


O día 3 de abril pola tarde estivo con nos na biblioteca de Noia, ” Mamá Cabra: Contos que saen dos libros”, moi boa acollida, estivemos todos moi animados e participativos, de seguro que volveremos a vernos.


Séguenos