OBRADOIRO DE MARIONETAS DE PAPEL NA BAÑA


O pasado venres 15 de abril puidemos gozar na Baña da VI Maratón de contacontos e co Obradoiro de marionetas de papel de Viravolta títeres na Casa da cultura.
Pequenos e pequenas, acompañados/as das súas familias descubriron o que a imaxinación pode facer, xunto cunha dose de boa interpretación para que os contos estén cheos de vida.
Achegamos a papiroflexia a menores e familias. A imaxinación flúe acompañada duns folios de cores, pegamento e unhas tesoiras para que puideran crear a súa propia marioneta de cores.
Foi unha tarde na que estivemos rodeados/as de cultura, xogo e aprendizaxe.


Este luns-25 de abril- a Biblioteca Pública Municipal, recibiu a visita de MAGIN BLANCO con “Libros en-cantados”, actividade programada para celebrar o “Día do Libro”. Participaron 21 alumnos de 1º curso de primaria do colexio Manuel Respino e 48 do colexio Pablo VI-Fátima, con idades que van dos 3 ata os 8 anos. Os nenos pasaron unha mañá entretida e musical na compaña de MAGIN BLANCO. Unha hora de historias, cancións e diversión na que os pequenos cantaron e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista. Todo isto baixo a atenta mirada de Manuel María, Alicia, Quijote e Sancho, que conformaban o decorado da actividade.




PAPI E MAMI representaron Fantasía coas palabras. Música co abecedario o venres 22 de abril ás 19 h. na Casa da Cultura de Pontedeume.









Séguenos