A Biblioteca Municipal de Culleredo con Manuel María
O día 18 de maio tivemos na Biblioteca “Poemas e contos de Manuel María” a cargo de Marisa Irimia


Foi unha actividade moi emotiva e bonita en recordo do noso escritor das Letras Galegas
O día 18 de maio tivemos na Biblioteca “Poemas e contos de Manuel María” a cargo de Marisa Irimia


Foi unha actividade moi emotiva e bonita en recordo do noso escritor das Letras Galegas

O rato Fuco de Lonxedetodo visitou o mércores a Biblioteca de Touro, onde o agardaban expectantes os nenos de educación infantil do C.P.I. Fonte Díaz.
Aos ratos de Biblioteca a cousa que máis lles gusta é ler contos, por iso saben tantos …. ..Este simpático roedor veu contarnos o conto de “Riciños de ouro e os tres osos”, contacontos que nunca pasa de moda e que fixo as ledicias dos cativos.
O venres 20 de maio, dentro das actividades adicadas as letras galegas da Biblioteca de Verín, tivemos a Sarabela Teatro: “Nola e María na Terra Cha”.
Máis de 40 nenos e nenas desfrutaron deste magnífico viaxe pola Terra Cha, terra de Manuel María.
Máis imaxes da actividade na nosa web: www.bibliotecadeverin.es ou nas nosas redes sociais.
Actividade para os nenos de 3 a 11 anos do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo o día 19 de maio na Biblioteca de Covelo. Títeres a cargo de Esteban Acuña de Tarabelos.


Esteban Acuña ( Tarabelos )

Coa colaboración da Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Cee e o programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” programou para a mañá do venres, 20 de maio, a obra “Catalina Lino Lina” a cargo de GlupGlup Teatro. Asistiron a función, 160 rapaces de 1º e 2º curso de educación primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo de Cee, nenos e nenas que encheron de sorrisos as diferentes instalacións da nova Casa da Cultura. Cunha atractiva e divertida posta en escena, GlupGlup Teatro ofrece unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público infantil a paixón polos libros, a través dunha personaxe “Catalina Lino Lina” que farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita, decide escapar para vivir as súas propias aventuras, facendo partícipe delas a un auditorio que vai a disfrutar durante toda a función.


“A Ciencia é divertida” de Ana Romero (Nita) foi o espectáculo elexido este ano para celebrar cos nosos usuarios o Día das Letras Galegas. Todos colaboraron para elaborar o noso robot de benvida con materiais de refugallo.

Nita contounos contos, experimentamos coa electricidade estática, con cores, globos irrompibles e ata un volcán….. Os nenos pasáronno xenial.

E para rematar, despois de tanta actividade, chuches “científicas” para todos .
O programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, tróuxonos o sábado 14 de maio un Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales da man de Fran Buceta e a Marta Faílde: Avoa Youja Teatro. As familias participantes con nenos ata os 3 anos disfrutaron mediante a música ó vivo, a poesía visual e a manipulación de obxectos dun espectáculo cheo de estrelas e astros: “O alumiño dunha estrela”. Coma sempre un pracer.
“Se estarricamos moito os brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, ¿non si?. No espazo agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos experimenten a marabilla da beleza e ofrecerlles así a posibilidade de voar tan alto como a súa capacidade de imaxinar novos mundos. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posible”.



Avoa Youja Teatro: “O aloumiño dunha estrela”


O xoves, 19 de maio, a compañía Títeres Cascanueces pasou por Cee para ofrecer un espectáculo cheo de diversas e apaixonantes historias, que desde un primeiro momento lograron arrincar os sorrisos e exclamacións de asombro dos 210 nenas e nenos de Educación Infantil dos diferentes centros educativos do Concello. Obra moi recomendable para os máis cativos, os cales viron como Barriga Verde saliu do escenario para saudalos, tal como podemos observar na fotografía.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organizou o pasado luns 16 de maio un “maxical”, ou alomenos así o definiu Álvaro Muras… Esta actividade é realizada na praza de A Perillana, un lugar anexo á biblioteca, así como se pode comprobar nas fotografías.
Foi un estupendo espectáculo guionizado de maxia, cancións, poesías… que xirou en torno á figura que este ano é homenaxeada co motivo das Letras Galegas, Manuel María, e que conectou ás mil marabillas cos máis cativos, adultos… con todo tipo de público.



Na Biblioteca Municipal “Estudios Locais ” tivo lugar un espectáculo de Maxia e Música en torno a Manuel María, o benquerido poeta homenaxeado este ano con motivo do día das Letras Galegas. Os maestros de ceremonias do evento foron o baxista Alvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña, que achegaron o público a vida e a obra de Manuel María mediante unha acertada posta en escea que combina maxia e música. Oitenta persoas, entre cativos e adultos, disfrutaron dunha hora onde tamén eles foron os protagonistas, pois axudaron a Camiña a elexir unha carta da baralla, a ocultar panos no peto e a sacar cordas dalgunha dimensión descoñecida.. 


Séguenos