O 27 de outubro tivemos una tarde chea de música e ledicia en Oleiros coa grata visita de Magín Blanco, consagrado músico e compositor da Rúa.
Amenizounos cun montón de cancións e historias: A nena e o grilo, Gatuxos, María Fumaca, Xiqui Xoque, Fiúfiú, libros- cds do artista ou colaboracións del.
O día 27 de outubro, recibimos na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”, a Fran Alonso coa súa obra “Poetízate”. Poesía que conecta a propia realidade con pequenas doses de fantasía, sobre temas de amor, natureza, sobre Galicia, sobre a terra, sobre a saudade, que gustou moito os nenos e os pais, amosando que é un xénero moi entretido e que transmite moitos sentimentos.

O 24 de outubro visitounos Magín Blanco , para celebrar o día da Biblioteca, e trouxonos as súas hitorias das súas viaxes: “Libros en-cantados”.
Tanto pais como nenos disfrutaron da xornada de animación, e poideron viaxar coas historias e cancións de Magín.

O pasado día 26 de outubro, os rapaces e rapazas, así como os adultos que os acompañaban, disfrutaron na Biblioteca de Oseiro “Dora Vázquez”, do espectáculo “Contos para un caldiño” de Baobab Teatro. Con música, teatro e danza, os grandes protagonistas foron os asistentes, que participaron activamente da actividade.
O espectáculo dos contos batracios de Pablísimo resultou unha actividade gratificante e atractiva, ós pequenos encantoulles, pero ós maiores tamén.
Contos moi sinxelos, onde os personaxes son animais reais, pero personificados, con características humanas e capacidade de interactuar coma os humáns. Incentivouse a imaxinación dos pequenos poñendo moito énfase nas palabras, coa expresividade da súa voz, os xestos, o ritmo co que conta as historias e as dramatizacións, así como sinalando as ilustracións e describíndoas.

Durante unha hora a maxia, os contos e a imaxinación foron os protagonistas polo que, tanto as crianzas como as persoas adultas, disfrutaron desta divertida actividade.
O pasado sábado 24 de outubro, a biblioteca municipal de Cambados e todas as súas axencias de lectura uníronse para homenaxear aos libros e a lectura no Auditorio Municipal.
Así programouse una xornada matinal de teatro da man de Teatro dos Gazafelhos e os seus Contos de Lobo, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito, coa que se pretendeu agradecer a todos os usuarios das bibliotecas axencias de lectura, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades que desenvolven ao longo do ano. Así pouco antes do comezo do espectáculo, rapaces asiduos da biblioteca leron un manifesto a prol da lectura e os libros, que este ano escribíu o Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, Diego Arboleda, e a continuación premiouse aos lectores máis activos neste ano, cun lote de libros.
Ademais, os rapaces do taller de informática e creación de blogs “A Bitácora da biblio”, participaron activamente nesta celebración e mesmo gravaron cachiños do acto para participar no proxecto de Isabel Coixet “Spain in a day”, no que milleiros de persoas de España enviarán microvídeos do que estiveron a facer ese 24 de outubro, e cos que finalmente a directora realizará un filme.
O espectáculo “Contos de Lobo” foi todo un acerto… tratábase dun conto interactivo onde se mesturou a maxia, o circo ou a hipnose…Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos “Mon e Pe”, acordaron para contar historias onde aparecían lobos… pero ao final un fixo maxia, outra hipnotizou, os dous fixeron acrobacias… e sobre todo conseguiron que todo o público rise a cachón!
Celebramos o Día da Biblioteca con Magín Blanco que contou e sobretodo cantou, as historias de A nena e o grilo, María da locomotora María Fumaça…Unha tarde entrañable!!.



A B.P.M. de Brión celebrou o Día das Bibliotecas cunha actuación a cargo do grupo “Glup, Glup Teatro, que presentou na sala infantil da biblioteca a obra “Catalina, Lino, Lina”, un espectáculo teatral destinado a fomentar o amor polos libros e a lectura entre os nenos de 3 a 10 anos de idade.
Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras. Unhas divertidas historias que a protagonista compartiu cos máis pequenos durante pouco máis de 45 min.
A representación celebrouse o día 23 de outubro ás 17:30 h. A ela asistiron algo máis de trinta persoas, entre nenos e adultos acompañantes. Os pequenos interactuaron activamente con Catalina, participando con interesa nos contos e historias narrados pola rapaza que habita nos libros.
O espectáculo estivo organizado pola B.P.M. de Brión co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
“O amor e a cociña…. riman de maravilla!”
Antón, que facía as mazás asadas perfectas, e Tomasa, que estaba todo o día amasa que amasa, contáronnos a súa máxica historia de amor na Biblioteca Pública Municipal de Sarria.

Con choiva e sol, cos nenos e familias, entre tomates e pementos, e fornos e cociñas, Antón e Tomasa pasaron moitas aventuras antes de chegar a poder selar o seu amor con un bico.
Para celebralo, compartiron con nós unha das súas máis doces receitas, e así entre todos, cociñamos unha deliciosa merenda que nos soupo riquísima.

Moitas grazas a Antón e Tomasa, por facernos rir tanto e descubrirnos que, como coa cociña, co teatro tamén moi ben se pasa.


Séguenos