O Mago Paco amósanos un espectáculo inspirado no mundo fantástico e divertido que teñen as nenas e nenos na súa cabeza, cheo de lugares asombrosos, extrañas personaxes, aventuras máxicas, milleiros de cores e enerxía se
n límites.



Gran participación no concerto celebrado o día 11 de setembro, en Taboada por Xoán Curiel.

O pasado mércores 6 de setembro na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, o Mago Paco, co seu espectáculo de ” Maxia Divertida” fíxonos pasar unha tarde chea de contos, risas e maxia. Nenos e grandes disfrutamos da súa actuación, na que a imaxinación foi a nosa grande aliada nesta aventura na que tampouco faltou agún susto con o que o mago sorprendeu ao público asistente.

Títeres Cachirulo achegouse ao Pereiro de Aguiar o 18 de agosto xunto cos seus títeres. Fadas, principes, princesas e dragóns fixéronnos pasar un rato moi entretido.
O día 28 de xullo Brais das Hortas fixo levantar tanto aos nenos e nenas e aos adultos das súas cadeiras xa que o concerto estaba cheo de rítmo. Foi unha tarde do mais entretida.
O día 14 de xullo ao Pereiro de Aguiar achegáronse Treatro Calavera para que todos os nenos e nenas coñecesen da man da exploradora Jeanne Baret a todos os animais salvaxes cos que ela se encontra nas súas aventuras. Todos os nenos e nenas participaron de xeito activo nas súas historias.
O sábado 9 de setembro chegou Electra, de Pedras de Papel Artesanía, á Biblioteca Pública Municipal de Betanzos para ensinarnos as técnicas de cestaría tradicional. Nun obradoiro dinámico e divertido, pequenos e maiores aprenderon a trenzar papel reciclado para crear os seus propios cestos. Ao tratarse de materiais reciclados, agora poden repetir a técnica na súa casa e facer un cesto…ou un cento!

O venres 8 de setembro recibimos a visita dos Ratos de Lonxedetodo, que contaron as súas investigacións sobre outros animais que viven arredor e aproveitaron para contarnos algúns contos que teñen a estes animais como protagonistas. Espectáculo que combina narración, música e moita diversión.

O Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, levando a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa e algún susto como elemento principal para sorprender ao público asistente.
.


Séguenos