Con Charo Pita e a Formiga na barriga na BPM de Baiona
Este pasado mércores, preciosa tarde con Charo Pita, a formiga nabarriga, o cempés, a tartaruga e a perdiz!!!



Este pasado mércores, preciosa tarde con Charo Pita, a formiga nabarriga, o cempés, a tartaruga e a perdiz!!!




Hoxe pasamos unha tarde deliciosa na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Bolboreta e os seus “Contos Musicados”. De aquí para alá, Polo camiño, Un libro, O polo Pepe e un montón de historias máis, marabillosamente contadas e cantadas por Lydia Botana. Quedamos con gana de máis!

Onte na Biblioteca de Lorbé axudamos a dúas misteriosas viaxeiras a atopar un tesouro moi especial.
A sesión O tesouro de Trécola Producións está chea de aventuras narradas con música e marionetas, acompañadas dun escenario e vestiario magníficos.

Desta vez, a rapazada de Arteixo veuse sorprendida por unha ratiña que apareceu na biblioteca, era unha das ratiñasda Familia de Lonxedetodo (Trinketrinke). Estivo na Biblioteca Central para agasallarnos co seu espectáculo “Aprendendo a querer”. A través dos seus contos esta ratiña amosuelle a nenos, nenas, pais e nais asistentes á función a importancia de respectarnos os uns aos outros, a establecer unhas relacións afectivas sás, a fuxir dos abusos e saber diferenciar o que está do que está mal.
Nenos e nenas, ademais de pasalo moi ben, viron como algúns dos seus proxenitores se convertían en actores e actrices por uns minutos, todos participaron dun espectáculo moi dinámico e divertido.

O xoves 6 de outubro, a Biblioteca Municipal Os Templarios, acolleu a actividade Contos de Chuches Amil.
Fran Amil ofreceu unha divertida sesión de contos procedentes dos seus disco-libros “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”, ilustrada coas súas propias cancións.

Xeitura visitou a nosa biblio e así, de maneira lúdica e interactiva, os participantes fixeron un repaso de historia e de arte.
Coas súas mans elaboraron cerámica a través dunha antiquísima técnica: a de churros.
Gozaron a tope!

Sesión que misturou o conto, o xogo, a música e a agudización dos sentidos dun público moi numeroso e unhas familias moi participativas.

Esta semana, na nosa biblio, recibimos a Paco Nogueiras, que nos veu amosar o seu Brinca Vai! De aquí a acolá.
Con el aprendemos de ecoloxía, de amizade, de tradicións,…
Concerto moi animado, con moita interacción co público.
Unha boa maneira de darlle un repaso a moitas festas e tradicións da nosa terra.
Os participantes cantaron e bailaron dunrante toda a actuación.
Encantounos!


Sesión de contacontos sensorial para bebés de 0 a 3 anos en Mugardos
Despois de asistir á contada a través de monicreques, os asistentes elaboraron, a partir de cachos de papel personaxes e escenarios para inventar e contar novas historias.
Divertida interacción dos asistentes e Mirari.
Gustounos moito!



Séguenos