A biblioteca vai de festa !!!
Aproveitamos o veran para que a biblioteca sala de paseo polas rúas do pobo
Nelson Quinteiro, fixo bailar a nenos, país e os que pasaban polas calles de Muros.


Aproveitamos o veran para que a biblioteca sala de paseo polas rúas do pobo
Nelson Quinteiro, fixo bailar a nenos, país e os que pasaban polas calles de Muros.



A rapazada de Portosín e a súa contorna tivo unha oportunidade para mergullarse de cheo nas tecnoloxías máis creativas co obradoiro de robótica educativa que este luns fixo unha parada na Axencia de Lectura de Portosín.
Onte estivo no noso concello Moc Moc MeRe Clown co seu espectáculo Circo na casa. Os rapaces/as pasaron un momento moi divertido e agradable con esta actividade de malabares e equilibrios con moito humor. Unha actividade que foi moi ben valorada por todos os asistentes!

O CALVOROTA CHEGA Ó CARBALLIÑO PARA FACER O DELEITE DO PUBLICO CO SEU ESPECTACULO DE MAXIA. FOI UNHA MAÑA CHEA DE SORPRESAS
As 11. 00 h., recibimos a visita de Pakolas e Laura Romero, co seu espectáculo: Ti debuxas, eu c@nto con Ramona Orbita:
espectáculo onde a interacción coas nenas/os, a música e os contos, e os debuxos en directo de Laura Romero, quen o acompaña cun montón de cores, se goza da música moi rockeira e do debuxo. Paco Cerdeira guiaranos coa súa forza interpretativa e humor por todas as historias de Ramona Órbita, coa súa voz e tocando a guitarra ao vivo, con Laura aos pinceis, dando unha nova dimensión visual. Paco ven de editar na Ed. Galaxia-Sonárbore o libro-cd Ramona Órbita, a dona do tempo que recolle as cancións, contos e ilustracións.

Obradoiro no que aprendemos a facer un cesto con papel reciclado seguindo as técnicas tradicionais da cestería.
Un fantástico obradoiro que conciencia aos mais cativos sobre o valor da reciclaxe e o medioambiente ao tempo que desenvolve actitudes de respecto ao noso patrimonio cultural intanxible, en concreto aos nosos oficios tradicionais, actualizando a cestería do trenzado de palla co uso de novos materiais máis accesibles e sostibles como o papel.


O pasado venres puidemos distraernos da abafante calor, desfrutando da divertidisima actuación do mago Pedro Bugarín .
Un espectáculo, que ainda que foi moi entretido, non estivo falto de certa dose de perigosidade de amputación co “truco” da guillotina cortamans.

Lamentablemente Sofia non foi quen de acadar o reto de meter a moeda no vaso. O que impediu que todos/as os/as presentes acadaran a súa consola de videoxogos que Pedro apostara.
No canto recibiron unha variña máxica pregable. 
Os nosos rapaces traballando no novo obradorio creativo da biblioteca municipal
Actividade que mistura a animación musical con diferentes números de clown, malabares e lume 
O público puido xogar e bailar ó ritmo das cancións infantís máis míticas ata coa música máis actual grazas a diferentes coreos e xogos.
Ó comezo da actuación o intérprete fixo unha entrada tipo “happening” interactuando e improvisando co público para introducilos no mundo do clown.
Un concerto acústico a cargo de Os Peregrinos destinado ao público de todas as idades co que se pretende aportar outra visión acerca dunha personaxe tan relevante no noso patrimonio como Rosalía de Castro, a través da musicalización de varios dos seus poemas incluídos no libro Follas Novas, empregando ritmos actuais, accesibles e universais coma o bossanova e o pop, que aportan luminosidade ás verbas de Rosalía, mostrando a vixencia, modernidade e plasticidade dos seus textos, así como a proxección do videoclip de debuxos animados Follas Novas. Un novo achegamento á figura de Rosalía, na que se pretende subvertir dalgún xeito os estereotipos dela aos que estamos acostumados.


Séguenos