Levántate Xan. Con Caxoto na BPM de Baiona
O pasado mércores pasámolo xenial coas historias que nos contou Caxoto sobre os animaliños da granxa de Xan!

O pasado mércores pasámolo xenial coas historias que nos contou Caxoto sobre os animaliños da granxa de Xan!

As nenas e nenos que participaron no “Escape Room” de Campo Lameiro celebrado no Auditorio Sobrino Buhigas pasaron unha tarde moi divertida cun xogo de pistas para lograr o obxectivo marcado pola organización.
Un interesante xogo que permite interrelacionar aos participantes, facer equipos, utilizar a imaxinación, o inxenio e estimular a intelixencia. O público asistente pasouno de marabilla!!!! Esta actividade, está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas e conmemora o día europeo das linguas (26 de setembro).

Escape Room – Héroes para ciencia

Escape Room – Héroes para ciencia
O venres 1 de outubro visitounos Paula Carballeira para contarnos fermosos contos. Pasámolo estupendo tanto os maiores como a rapazada

Este sábado convertimos a nosa biblioteca nun laboratorio de Ciencias para os/as máis cativos/as. A nosa nova amiga Gemola sorprendeunos a todos/as con experimentos incribles con cousas cotidiáns e que todos podemos ter en casa. Ademáis os nenos e nenas fixeron eles mesmos experimentos que despois levaron para a casa. Unha actividade moi dinámica e moi didáctica posto que achegou aos máis cativos/as a ciencia explicando de forma moi divertida experimentos moi sencilliños e nada perigosos para nenos/as. Actividade con un gran éxito entre todos/as os/as participantes.
A ratiña Carolina falounos de moitos tipos de familias e xogamos ás adiviñas. Encantounos!!!!!
Este domingo, 3 de outubro, recibimos en Catoira a visita dun xornalista moi especial, Paco Nogueiras, que nos contou, cantou, tocou e bailou as novas do “Extra!”. Cos divertidos temas do seu último libro-disco movemos o cú nas butacas sen parar!

O PASADO VENRES DÍA 1 DE OUTUBRO GOZAMOS DA ESTUPENDA ACTUACION DE CARAMUXO EN TORDOIA COA SÚA OBRA ZAPATOS. OS PEQUENOS E OS MAIORES PASÁRONO EN GRANDE.



O venres 1 de outubro varios grupos do colexio de Castro de Rei disfrutaron cos “Contos da lúa”, un contacontos apoiado con marionetas e bonecos planos.
Descubriron que mentres dormen a lúa mira pola ventá e entra nos seus soños. Ademáis viviron un soño moi especial, o dun neno que era un gran lector chamado Calcetín.

O pasado 1 de outubro os nenos do Concello de Paderne tiveron a oportunidade ver un entretido espectáculo de Circo na casa , onde os malabares con todo tipo de obxectos do día a día formaron parte dunha historia divertida a par de formativa. Todo isto mesturado con moita diversión e gargalladas a montón.


Séguenos