“Onde está o vento”. Animar-T en Covelo
O venres 9 estivo en Covelo a compañía Animar-T, co seu espectáculo “Onde está o vento”. Contacontos musical para os máis cativos, con monicreques e cancións populares.


O venres 9 estivo en Covelo a compañía Animar-T, co seu espectáculo “Onde está o vento”. Contacontos musical para os máis cativos, con monicreques e cancións populares.


O pasado venres, a rapazada miúda de Mugardos disfrutou da música en vivo con Xoán Curiel, animándose ademais a participar con él nunha mañá soleada que permitiu realizar a actividade no exterior.
Hoxe as mozas de Celanova tiveron un primeiro contacto co mundo da dobraxe.
Estamos seguros de que o talento amosado nos vai a deparar gratas sorpresas.
Na mañá do xoves 8 de xullo, tivemos dúas visitas moi especiais na Bilioteca. Elisa e Ían e un público excepcional, o colectivo de “Asfaval”.
Maxia de cerca, sobras chinesas, contos… co que nos divertimos todos.



A historia do frautista de Hamelin non é como nola teñen contado. Así o demostraba, botando man do humor, do xogo ou dos malabares, Mere Clown na Biblioteca Florencio Delgado Guarriarán do Barco


Onte pasamos unha mañá máxica na biblioteca cá visita da maga Leo Leiño e a súa axundante Cris.

Explicáronos todos os segredos do Camiño de Santiago a través de contos e maxia.

Foi unha sesión boísima, pasámolo xenial!
A biblioteca traslada as súas actividades no verán á praia fluvial de Tapia, co programa Seráns en Tapia.
Nesta segunda sesión contamos coa actuación de Charo Pita que fixo as delicias dos mais cativos cos seus contos, que como sempre nos fan participar a todos e disfrutar dunha tarde de historias contadas e cantadas.

O venres 2 de xullo visitounos Pakolas na BPM do Ézaro, en Dumbría.
Pasámolo en grande, cativos e non tan cativos, coa música e as historias de Ramona Órbita e a súa máquina do tempo.
Espectáculo perfectamente adaptado para tódalas idades, con moita marcha e moitas risas.
Nas biblios de Dumbría temos uns libros chulísimos de Pakolas, que podes vir ler cando queiras.


O día 30 de xuño as bibliotecas de Muros seguimos de festa. Veunos visitar Paco Nogueiras pasámolo moi ben cantando e bailando ( cada un no seu sitio). Un tarde moi divertida.

O día 29 de xuño, día de S. Pedro, veunos visitar Maio Creacións ca actividade ” A viaxe de Mina”. Estuvemos na Praza do Mercado que non queda lonxe da biblioteca. Había que facer reserva para asistir e apuntaronse 53 persoas entre nenos e adultos. O pasamos moi ben, temos ganas de festa.



Séguenos