“ESTRAFALARIAS” NA B.P.M DA CAPELA
Esta mañá para celebrar o día das bibliotecas, acompañounos Atenea García de ” Xarope Tulú”.
Veu para compartir cós rapaces e maiores unha morea de contos e historias de mulleres que lles chamaban ” ESTRAFALARIAS”.


Esta mañá para celebrar o día das bibliotecas, acompañounos Atenea García de ” Xarope Tulú”.
Veu para compartir cós rapaces e maiores unha morea de contos e historias de mulleres que lles chamaban ” ESTRAFALARIAS”.


O sábado 17 de outubro tivemos na Axencia de Lectura do Concello de Frades a actuación de Gloria Mosquera e Tomi López “Patrimonio Natural”. Sen dúbida fixeron viaxar a todo o público á “Fraga do seu Avó” mediante a música e as imaxes, nunha actuación cargada de respecto pola natureza, os animais e o medio ambiente, onde os nenos e nenas puideron bailar e cantar ao son das súas maravillosas cancións.

Os días 20 e 21 de outubro os nenos do colexio e das escolas de Vimianzo poideron desfrutar de catro sesións de contacontos con Soraya Lema e “Pedrina na Montaña”
Pedrina fuxe ó monte, logo de discutir con seu avó. Vive moitas aventuras, grazas a súa gran imaxinación, as pedras convértense en personaxes do conto.
O escenario desta narración é Pasarela, situado no municipio de Vimianzo polo que adquire maior interese para os nenos.

Dende onte a tarde un grupo de nenos e nenas de Miño saben cal é a Verdadeira Historia de Hamelín. Moc Moc foi o encargado de descubrir este gran secreto. Moitas risas e algún susto foron os protagonistas.

O Mago Marco coa actuación “Maxia para soñar” na biblioteca do Concello de Muiños o 25 de setembro de 2020 ás 12:00 horas. 


O día 21 de outubro as crianzas aprenderon a traballar con papel partindo das formas xeométricas habituais no deseño galego, ao mesmo tempo aplicaron os gustos e a creatividade individuais.
Con iso lograron facer unhas esculturas moi interesantes.

Charo Pita achegou ata a rapazada na Axencia de Lectura de San Vicente “Aventureiras intrépidas”, espectáculo de contacontos sobre igualdade de xénero aderezado con algunha canción, no que contou historias sobre aventureiras reais e ficticias, que grazas a súa intelixencia e tenacidade foron quen de plantearse preguntas que as levaron a explorar de diferentes maneiras o universo.
Unha fantástica tarde de contos e lectura

O martes 20 de outubro, chegou a Biblioteca de O Froxel, ELECTRA MENÉNDEZ cun interesante obradoiro baseado en: “ESCULTURA EN PAPEL”.
A actividade consistiu na creación de personaxes e obxectos
con papel e cores brillantes que podían levar a casa para deleite dos seus pais.
A pesar da capacidade limitada e a distancia de seguridade, a actividade foi todo un éxito.


Os nosos nenos pasaron unha tarde moi entretina na Biblioteca do Páramo grazas a unha divertida actuación do Mago Paco o pasado Venres día 16 de Outubro ás 19:00 horas.
Este martes 20 tivo lugar na Biblioteca de Abegondo o obradoiro do Faiado de Nin. Nesta actividade decoraron bolsas de tela con adornos relacionados coa lectura e o mundo dos libros. Foi un taller dinámico, ameno e fomentaba o achegamento á lectura. Deste xeito, celebramos a semana do Día da Biblioteca.




Séguenos