O mundo de cores de Roque e Lía na Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz


No parque Rosalía de Castro, a Biblioteca Municipal de Vilalba organizou una actividade con Caxoto, á que asistiron arredor de 100 participantes dos campamentos de verán público en xeral. A iniciativa completouse cunha exposición das recomendacións lectoras elaboradas polos rapaces 



O dia 19 de agosto houbo unha actividade denominada OBRADOIRO PARA MEIGAS E BRUXOS con José Rivera no concello de Lobios, unh aactividade dirixida a nenos de 4-14 anos, onde se pretente o gusto por a maxia e a lectura

O día 06 de agosto, tivo lugar en Riós a actividade: Científicos de Galicia ás 11:30h. Unha actividade moi interesante e moi satisfactoria que cumpriu cos obxectivos e expectativas previstas.
E hoxe, na biblioteca de Bergondo, puidemos gozar deste gran contacontos musical “Os rizos de Lía”.
Resultou unha actividade moi divertida! A rapazada quedou moi contenta!


O 12 de Agosto visitou a Biblioteca de Viana do Bolo Pakolas ca meiga Ecoralia, ensinounos cas súas cancións e contos o importante que é consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente.
O xoves 14 de agosto, as nenas e nenos do Campamento Urbano de Verán do Concello de Vilagarcía de Arousa asistiron a unha sesión de contacontos a cargo de Soraya Lema (O sol de outono).
A narración oral acompañada da música dun acordeón e de obxectos ben coñecidos marabillaron a todos desde o minuto un.
Un ano máis Xoán Curiel deleitou aos asistentes cunha serie de temas de autores galegos homenaxeados nas Letras Galegas así como de outros autores galegos importantes para a nosa cultura. Un grato espectáculo ao que asistiu numeroso público tanto galego como do resto do país.

As/os paticipantes no Campamento de veran do Concello de Irixoa, onte 11 de agosto, construíron divertidos vehículos eléctricos autónomos; deseñaron as súas partes esenciais: chasis, motor, rodas, etc.; por último fixeron unha carreira tola cos deseños.
, e pasarono en grande.


Séguenos