4500 Anos da incrible historia da maxia na ALM de Berdeogas-Dumbría
O sábado 19 visitounos na ALM de Berdeogas o Mago Teto xunto con 4500 anos da incrible historia da maxia.
El sempre tan profesional e colaborador.
A actividade moi recomendable.
O sábado 19 visitounos na ALM de Berdeogas o Mago Teto xunto con 4500 anos da incrible historia da maxia.
El sempre tan profesional e colaborador.
A actividade moi recomendable.

O venres 18 de setembro pola tarde, tivemos a sorte de contar con dúas invitadas de luxo na biblioteca de Nós, estivo Leo Leíño que nos presentou a Mary Poppins.
Foi unha tarde moi amena e chea de maxia, contos e música, na que nenos e nenas desfrutaron moito.
A destacar o bo comportamento de todos e todas as asistentes que levaron en todo momento as máscaras que non se moveron do seu asento ata o momento de marchar no que quixeron facerse, un a un, unha foto con Leo, Mary Poppins e o coello Gachas .

Este Luns 21 de Setembro visitounos na BPM Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) a contadora Fátima Fernández coa sesión “Cando os libros despregan as súas fantasías“. Os máis cativos da casa coñeceron da súa man a fantasía dos libros pop-up, libros-xogo que cobran vida coa súa lectura.


O pasado xoves 17 de setembro, nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade con idades comprendidas entre os 3 e 7 anos achegáronse ata a Biblioteca Rodríguez Fraíz de Cerdedo para desfrutar deste fantástico contacontos.

O pasado sábado día19 a BPM de Oroso recibiu a visita de Marisa Irimia coa súa maleta chea de animaliños e contos cos que pasamos unha mañá moi entretida .
O venres , 18 de setembro iniciamos a hora do conto na biblioteca de Mera ( Oleiros) coa visita de María dos Contos e o Señor Dorremi, fixéronnos gozar dos contos tradicionais e dos de creación propia, enfeitados, con música , cancións e sons.
Pasámolo moi ben!
O 18 de setembro na B.P.M. Da Capela acompañounos MERE CLOWN para contarnos ” A verdadeira historia de Hammelín” cun espectáculo de malabares e clown.
Nenos e maiores pasaron unha mañá entretida na que non faltou o humor.


Pakolas chegou á Biblioteca de Muxía cos seus contos e a súa música. Foi unha sesión moi participativa e didáctica
O pasado sábado 19 de setembro, ás 11:30, na Biblioteca Rego da Balsa acudiu público infantil para disfrutar do espectáculo da compañía de Teatro Ghazafelhos coa súa “Á máquina do tempo”, nesta actividade observouse a unión entre a música, o teatro e a danza. Tod@s viaxamos pola historia da humanidade, coñecendo diversas culturas e acontecementos importantes de cada época.
Na súa historia doutura Mon e o seu axudante Pe deciden construir unha máquina do tempo e a veñen a presentar a nosa biblioteca. O axudante da doutora Mon viaxa ás distintas épocas da historia e sae da máquina do tempo caracterizado de diferentes personaxes destacados das antigas civilizacións do mundo.
Os/as participantes quedaron sorprendidos polo que ía acontecendo durante a actuación, sempre participando e aportando as súas ideas e coñecementos.


O venres tivemos na Biblioteca un estupendo Obradoiro de podcast a cargo de Damián Alonso. Divertímonos moito aprendendo a locutar e editar un podcast.



Séguenos