DAVID MERELAS – “MERE CLOWN”- na BIBLIOTECA “FCO A. VIDAL” de O FROXEL – ARTEIXO


O martes 15 de outubro, chegou a Biblioteca de O Froxel, “Fco. A. Vidal”, David Merelas con “Contos do Avó”.
Mere Clown, lembrou de xeito divertido, moitas lendas de Galicia, por exemplo, contou a lenda de galo de Barrañán, que se remonta a tempos prehistóricos. Fala de que un galo entrou na furna de San Xián de Barrañán e, monte arriba, non parou de subir ata que saiu á luz nunha fonte que había nun lugar que, desde entón, se denomina O Galo. Tamén nos falou da Torre de Hércules. Segundo a lenda, o lendario héroe grego veu na busca do xigante Xerión. Para conmemorar a súa vitoria construiu sobre o túmulo, unha torre-faro e nas proximidades deste fundou unha cidade á que lle deu o nome de Crunia, como recordo da primeira muller que habitou este lugar e da cal o héroe se namorou. Os nenos disfrutaron e participaron moito.






lugar onde descansa a solidariedade e o feminismo. Baixo este título a autora Antía Yañez gañou o premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade.














Séguenos