“O GRÚFALO” na B.P.M. A Ponte
O martes 8 de xullo as 11 horas Carmen Domech estivo na biblioteca onde nos contou tres historias, duas mais curtas e logo a do Grúfalo.


O martes 8 de xullo as 11 horas Carmen Domech estivo na biblioteca onde nos contou tres historias, duas mais curtas e logo a do Grúfalo.


A Contar. Trémola desenvolveu na “Rosalía de Castro” de Arzúa a actividade “Directas ao espazo”; unha historia inspirada nas astronautas Valentina Tereshkova, primeira muller en ir ao espazo, e Sara García Alonso, primeira astronauta española. Asistiron 40 nenas/os que quedaron engaiolados polo xeito de contar de Paula Regueiro

Paula astronauta
Primeiro a teoría, e logo por fin, a practicar!!
Pasando un bo rato na biblioteca
O 4 de xullo as 20 30h, o contador de contos Caxoto, estivo en Vilar de Barrio e divertiunos cun espectáculo de contos, cantigas e bailes cunha selección dalgúns dos seus maiores éxitos para dar lugar a un espectáculo participativo e festivo do que disfrutaron tanto os maiores coma os mais pequenos
O contacontos “Os contos do gato”que ivo lugar o mércores, 2 de xuño na Biblioteca Municipal de Ponteareas, foi unha sesión encantadora para os máis pequenos: O conto xirou arredor dun gato, cunha historia breve e divertida adaptada ao público infantil. Esta actividade 0ucombinar a lectura con dinámicas participativas: os nenos e nenasresponden preguntas sobre o conto ou imitan ao gato, converténdose nos protagonistas do relato.A miúdo inclúen música, recursos visuais ou efectos sinxelos para estimular a imaxinación e o interese pola lectura dende idades temperás. Os cativos poideronn asistir acompañados de persoas adultas, o que favorece a unión entre xeracións e cre0u un ambiente acolledor na biblioteca onde todos os cativos/as e os seus pais o pasaron moi ben e sairon moi satisfeitos e contentos de este contacontos.
t





O pasado día 25 pasamos unha tarde estupenda acompañados dos CantaContos de Tania Justo. A cativada estivo moi atenta e participativa, mergullándose nas diferentes historias e melodías, a través dos contos da editorial Kalandraka. As nais e pais tamén o pasaron en grande.

O pasado sábado 28 de xuño, a Biblioteca de Frades encheuse de risas, ollos atentos e moita ilusión coa actuación de títeres “Cocinillas”, unha proposta escénica tan deliciosa como o seu nome indica.
A actividade, que comezou ás 11:30 da mañá, sorprendeu por moito máis que pola súa posta en escena. Destacou, sobre todo, pola gran profesionalidade do artista, quen foi quen de manter a atención e o entusiasmo de todo o público —desde crianzas moi pequenas ata persoas adultas— durante toda a función.
“Cocinillas” foi moito máis ca un espectáculo de monicreques: foi unha experiencia interactiva e divertida, pensada para que todas as persoas presentes se sentisen partícipes. A través do humor, o ritmo e os recursos visuais, o artista conseguiu integrar á audiencia nunha historia viva, chea de situacións divertidas e creativas.
Aquelas persoas que se achegaron desfrutaron dun tempo compartido en familia, onde o teatro, a expresión artística e a imaxinación foron protagonistas. A Biblioteca de Frades reafirma así o seu compromiso coa cultura participativa e de calidade.
💬 Grazas a todas as persoas asistentes e, moi especialmente, ao artista, por facer desa mañá unha lembranza tan especial.


O mércores 2 de xullo os nenos do campamento de verán pasaron unha maña moi divertida con Galitoon. Aprenderon a facer títeres de calcetín, cada un coa súa forma, que acabaron poñendolle nome. Grazas Chisco.



O Mago Paco e a súa Maxia divertida “Contamaxias” visitaron o pasado venres a nosa biblioteca. Os usuarios e usuarias de ASPROMOR participaron nun espectáculo cheo de maxia e diversión.


Séguenos