Contando en feminino na biblio de Esgos

Onte pasamos en Esgos unha mañá diferente. Ana Hermida achegounos ó mundo dos contos nos que as princesas son buscan príncipes, os monos e as monas aprenden inglés…

Onte pasamos en Esgos unha mañá diferente. Ana Hermida achegounos ó mundo dos contos nos que as princesas son buscan príncipes, os monos e as monas aprenden inglés…

Na mañá do martes 6 de agosto tivemos a satisfacción de pasar unha hora moi agradable grazas aos Contos de Pablísimo, e co seu traballo “O Paroleiro”, excelente actuación de narración oral, chea de diversos contos acompañados de música, cancións, monicreques, sombras e outros recursos cos que o gran Pablo Sánchez fixo pasar, ao público asistente e en especial aos máis cativos, dunha maneira moi amena unha mañá de choiva en pleno verán. Esta sesión de contacontos é un espectáculo cheo de intensidade e emoción, un regalo visual e sonoro que non deixa a ninguén indiferente.

O Mago Pedro Bugarín, estivo cos nenos de Vilasantar nun taller moi divertido e onde aprenderon os seus trucos de maxia o pasado día 16 de xullo. Moitas grazas

O día 9 de xullo os nenos de Vilasantar aprenderon como facer diversas cousas de papiroflexia.
Grazas a Miguel Cortés
O Bardo Abelardo deleitounos cunha actividade na que o pasamos de marabilla! Non puidemos estar dentro da biblioteca porque facía moito calor, o noso amigo o sol estaba moi presente ese día. Entón saímos ao xardín da biblioteca onde cantamos e sentimos os sons dos animaliños e árbores, eles cantaban connosco! Concienciámonos de que hai que coidar a natureza, e tamén temos que desfrutar dela.

Démonos conta de que somos moi afortunados por vivir onde vivimos e procuraremos ler moitos libros, a poder ser á sombra de un carballo nestes calorosos días.
Quen asistiu ao obradoiro creativo levado a cabo por “Teatro Marionetas Trécola” puido dar renda solta a súa creatividade e realizar a súa propia marioneta articulada. Vinte e cinco artistas levaron para a súa casa, cadansúa obra de arte.

All-focus

All-focus
Valga recibiu esta mañá á ilustradora Estefanía Padullés, que impartiu o obradoiro “As superheronías do noso pobo”, centrado en debuxar a mulleres representativas de Valga.
Os rapaces comezaron practicando as técnicas da ilustración con mulleres célebres como a pintora mexicana Frida Kahlo ou a científica alemá María Sibylla Merian. A continuación, tiveron que debuxar a mulleres valguesas, pero non soamente famosas, senón tamén a mulleres representativas e importantes para as núas vidas: nais, avoas ou mestras foron algunhas das eleccións.


Divertido e ameno espectáculo musical, formando parte do Programa “En Cee no Verán tamén…Ler Conta Moito”, o que nos brindaron Gloria Mosquera e Diego Maceiras na mañán do 5 de agosto. O grupo Mama Cabra puxo en escena unha función, na que durante case unha hora, foron alternando diferentes historias (nas que tratan diferentes temas, tales como: o medo, a ecoloxía, o acoso escolar,..) acompañadas de música e cancións, logrando que o público estivese desde un primeiro momento moi atento ao espectáculo e conseguindo o sorriso constante dos asistentes.
O pasado día 1 de agosto os nenos e nenas que participan no Campamento de verán participaron a actividade “Fotoconto” . Os nenos e nenas foron os protagonistas creando a súa propia historia e sendo as pesonaxes principais. Primneiro fixeron unha foto, crearon unha historia que despois pasaron a un arquivo dixital no que eles eran os protagonistas.

Teatro de marionetas Trécola achegou ata a biblioteca municipal do Grove o seu espectáculo “Lolo e a ratoa”

A rapazada dos campamentos de verán pasaron unha divertidísima mañá na compañía de Lolo e a ratonciña que se “colara” no espectáculo.



Séguenos