Paco Nogueiras fixo brincar aos nenos/as na Biblioteca P. M. de Boiro
Os/as nenos/as de Boiro disfrutaron, riron, bailaron, … e por suposto brincaron con “Brinca vai! de aquí a acolá” o sábado 14 de outubro.



O martes 17 de outubro, un día moi escuro para o monte da nosa parroquia e o da comarca, chegou a axencia de Guillade o Carballo con botas montado na súa titiricleta.
Os nenos gozaron dun espectáuclo con monicreques solidarios que defendían valores fundamentais como a paz, a colaboración, a importancia de coidar o medio…
Foi emocionante ver como os nenos abrazaban as árbores que rodean a nosa biblioteca.

Este martes, 17 de outubro o Club de Lectura da Biblioteca participou dun obradoiro creativo por conta da “Lanterna máxica” que mesturou as lembranzas do cine, teatro e literatura de cada un dos participantes. Cada participante expuxo a súa historia favorita relacionada cos temas anteriormente mencionados para rematar construíndo un relato único que fascinou aos asistentes. Os participantes pasaron unha tarde distendida participando da actividade que tivo unha duración de preto de dúas horas.


O día 17 de outubro o público asistente viviu 75 minutos de diversión total con esta actividade que, tendo como fío condutor a maxia, mesturou contos e xogos variados nos que as crianzas tiveron unha alta participación.
“Jules Verne, Arquímedes, Antonio Sanjurjo Badía e Issac Peral” e Antonio Garcia Vinuesa estiveron en Valga explicáronnos a construción dun submarino. Unha actividade que promove o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.

O luns, 16 de outubro, na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda estivemos literalmente coas mans na masa. Despois de escoitar unha historia os rapaces e rapazas participantes neste obradoiro, puxéronse mans a obra e fixeron masa para poder crear os personaxes do mesmo.
Cando xa tiveron aos seus protagonistas procederon a darlles uns toques de cor, coa finalidade de darlles máis vida.

Animada e concurrida tarde na biblioteca de Noia, máxia, historias, risas e participación dos cativos. Elefante Elegante ” O XIGANTE”.
O día 8 de outubro realizamos na BPM de Catoira unha divertida actividade na que os nenos e nenas aprenderon a interpretar o universo de Miró, creando entre todos/as a súa propia obra de arte.

As lendas e os contos tradicionais non pasaron de moda; pola contra, están de plena actualidade, xa que a través deles se poden tratar temáticas moi presentes hoxe en día como son a violencia, a diversidade, o medio ambiente ou os hábitos saudables, entre outros.
O venres 29 de setembro, Raquel Queizás ensinoulles ás nenas e nenos de Sarria, os contos e lendas da nosa terra.




Séguenos