Entre quiquiriquís e cocoricós chegou a Neda o Curral de Cocoricó
Charo Pita fixo as delicias dos e das máis pequenas e os seus acompañantes xogando con cancións, onomatopeias e contos de animais. Unha sesión moi interactiva. 
Charo Pita fixo as delicias dos e das máis pequenas e os seus acompañantes xogando con cancións, onomatopeias e contos de animais. Unha sesión moi interactiva. 

Promoción e difusión da lectura con maxia saída dos libros.
O martes 10 de outubro, na Biblioteca Municipal de “O Froxel” Fco.A.Vidal no Concello de Arteixo, tivo lugar o obradoiro Perder o medo a través da poesía a cargo de María Canosa.
O obradoiro de María Canosa, foi unha sesión de narración na voz dunha nena (a propia autora) que tiña pequenos temores, pero que aprendeu a expulsalos lembrando poesías.
Cada un dos poemas trata sobre un dos medos que normalmente afectan á infancia (escuridade, trekking, pallasos, médicos …), ao final dos cales, móstranse os motivos polos que este pánico debe ser
eliminado. Foi unha sesión moi amena que fixo disfrutar a nenos e maiores.

FÁTIMA FERNÁNDEZ chega a biblioteca de Sober cunha maleta chea de contos, que vai sacando e mostrando aos asistentes.
Consideramos importante que veña con contos e que os mostre, explicando a súa procedencia e lugar de orixe.
Uns contos preciosos e que son contados con moita arte.
Excelente contadora, que logra atraer e captar a atención dos asistentes ; formouse un bo ambiente na biblioteca, relaxado e atento a narración.


O luns 9 de outubro, na Axencia de Lectura Municipal de Ribadetea no concello de Ponteareas, tivo lugar o contacontos Historias doces e salgadas contadas por Fátima Fernández. Actividade realizada para conmemorar o Día das Bibliotecas (24 de outubro).
Unhas historias eran doces e outras salgadas pero en conxunto rimos, cantamos, tivemos algo de medo…

O pasado venres 6 de outubro, tivemos en Domaio á compañía Xarope Tulú con “A falta de pan, bos son contos”.
Foi unha sesión moi amena na que, Atenea, coa súa divertida interpretación de contos, adiviñas e refráns, fixo disfrutar a nen@s e maiores.



Fran Campos e Filipa fixéronnos pasar onte unha tarde moi divertida, chea de música, contos e risas co seu espectáculo “Filipa e os contos”.
Ademais de cantar entre todos aprendemos sobre a vida de Carlos Casares e a súa obra infantil.
O xoves 5 de outubro recibimos na nosa biblioteca a Juan de Ciencia en Ruta, quen nos contou moitas cousas interesantes sobre os inventores dos submarinos e dos principios que fan que o submarino poda mergullarse e volver a flotar na auga.

Ademais nos contou unha historia no kamishibai na que nos presentou ao capitán de submarinos máis famoso da literatura: O capitán Nemo.
Pero a parte mellor a reservou para o final da sesión, xa que nenas e nenos se divertiron moito facendo en grupos submarinos que fixeron flotar e sumerxirse varias veces.
A actividade foi moi divertida para os participantes.


“Os contos do chupete”, este venres pasado fixeron rir e cantar aos nenos de 0 a 3 anos e aos papas con Migallas Teatro. Contos de sempre con música e bo humor. Excelente actuación para un público moi esixente e que o pasou en grande.
Os nenos da Escola Infantil, acompañados polas súas familias, axudaron os pitiños a atopar o arco da vella que alguén roubou. A sempre maxistral Charo Pita, con contos, cancións, percusións, rimas,..
logrou manter a atención dos pequechos.



Séguenos