Mirari en Sada


Obradoiro de Carlos Casares.
Mirari e os nenos de Sada traballaron cos textos de “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas” e a “Galiña azul” e fixeron este precioso mural.


Obradoiro de Carlos Casares.
Mirari e os nenos de Sada traballaron cos textos de “As laranxas mais laranxas de todas as laranxas” e a “Galiña azul” e fixeron este precioso mural.

O xoves 18 de maio 60 nenas e nenos de 2 a 6 anos e os seus adultos acompañantes disfrutaron na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre coa música e as cancións de Mamá Cabra.



Música, teatro e danza están presentes nesta actividade.
Gloria Mosquera acompañada de Iago Rodríguez, ás teclas e percusións, fixeron un percorrido pola súa producción musical, ben coñecida e coreada polo público miúdo.
Unha fermosa tarde de música e baile para compartir.
Mamá Cabra, sempre magnífica!
O sábado 20 de maio, na Biblioteca Pública Municipal da Guarda contamos con Pablo Díaz e o seu espectáculo “Cantacontos para bebés”. Foi unha viaxe a través dos contos coa música como fío conductor. Pequenos e maiores participaron nunha sesión chea de fantasía e ilusión. Pasámolo xenial!!!

Os contos

A frauta

A guitarra e dous ratiños atraídos pola música

Pequenos e maiores moi atentos

Queremos máis!!
Juste Kamishibai visitounos para celebrar en Darbo o Día das Letras Galegas. Foi un espectáculo moi ameno e didáctico co que aprendemos esta técnica xaponesa.

Unha divertida e participativa contada para homenaxear a Carlos Casares, da man dos seus contos infantís máis coñecidos como “Lolo anda en bicicleta”, “A galiña azul” ou “Toribio revoluciona o tráfico”.

Divertido teatro de marionetas que representan unha versión do clásico Coelliño Branco. A cabra montañeira, o can , o touro e máis a formiga son os persoaxes desta historia.
A animadora ven acompañada da cabra Micaela que é a que lle suxiere os contos que vai contar, dende un conto peludo a un conto enrollable que semella non rematar ata un conto de títeres nas mans…
A maxia dos contos e a representación únense para engaiolar aos máis novos.


O xoves 18 de Maio celebramos na A.L.M. da Capela o día das letras galegas, acompañounos ” Polo Correo do Vento” relatando e caricaturizando a vida e obra de Carlos Casares. Nenos e maiores pasarónno moi ben coloreando e facendo caricaturas.

O martes 16 de maio, Cris de Caldas descubriunos coa actividade ” a galiña azul e compañía” a vida e a obra de Carlos Casares a través dun relato ameno e divertido.
Os nenos pariticparon representando una escea da galiña azul e regresaron as súas casas ledos e desexando ler os libros infantis do autor. O marcapáxinas de galiña azul seralles de utilidade.

O pasado martes 16 de maio tivo lugar a actuación do Conciñeiro Antón e a pasteleira Tomasa co seu “Conto Chocolate” e un obradoiro de cociña “Brocheta de froitas recuberta de chocolate fondue” na Biblioteca Municipal de Abegondo para festexar o Día das Letras Galegas.
Asitiron un gran número de nenos e nenas onde pasaron unha tarde moi entretida, ademais de degustar dunha merenda moi saborosa de froitas e chocolate.


Na festa final de CantoConto!, na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña, tivemos a Migallas Teatro con “Os contos do chupete”.

Grandes e pequenos desfrutaron da música en directo, as narracións e a dramatización levada a cabo por Bea e Paolo.


Séguenos