As Parábolas de PAKOLAS en Zas
O luns 15 de Maio, as nenas e nenos de Zas disfrutaron coa actuación de Paco Cerdeiras, PAKOLAS.

Éxito total, altamente recomendable.

O luns 15 de Maio, as nenas e nenos de Zas disfrutaron coa actuación de Paco Cerdeiras, PAKOLAS.

Éxito total, altamente recomendable.




Onte a tarde pasámolo de cine con Álvaro Muras e Martín Camiña, foi do máis divertido e suxerente. Coa sua música e maxia fixéronnos un percorrido a través da vida e obra do autor Carlos Casares. Unha hora con sons do máis surente, con cordas e panos máxicos. Completamos o aforo cheo de nenos e os seus maiores implicados no espectáculo.

A maxia mistúrase cos contos da man de Javier Muro e o seu espectáculo O neno que quería ser mago.

O espectador como Lolo, o persoaxe conductor da historia, adéntrase no mundo da maxia. Unha historia na que Javier consegue aunar os trucos máis sorprendentes co fin didáctico, propio dun obradoiro de maxia.
Un espectáculo que atre a tódolos públicos e que resultou un éxito de asistencia
A Compañía Elefante Elegante co espectaculo O Xigante acaparou a atención dos nen@s de Ribadumia.
Unha historia das estacións do ano tendo como protagonista principal O Xigante e @s nen@s …. descubriron, que as arbores na primaveira, saenlle follas, flores e libros.

O pasado venres realizamos na biblioteca de Bertamiráns “O gran xogo sobre as Letras Galegas” con Eduvía.
Foi unha actividade onde os nenos participaron moi activamente e gozaron cos xogos propostos, que consistían en que cada grupo tiña que ir pasando distintas probas e gañando “minipuntos”.
Resultou moi ben aínda que nos houbera gustado que profundizaran un pouco mais no tema das Letras Galegas




Sesión de maxia, co tamén máxico son da guitarra. Unha actuación chea de retranca en Nigrán, onde viviu Carlos Casares 🙂
O pasado sábado, 13 de maio, tivemos contacontos na Biblioteca de Ribeira porque Ler Conta Moito!

Ás 11.00 h chegaron as primeiras persoas e ás 12.00 comezou a función “Mans” dos Contos de Pablísimo que deixou abraiado ao numeroso público.

Grandes e pequenos pasamos unha mañá extraordinaria coas preciosas historias que Pablo nos contou.
Vémonos na Biblio!

Bebecontos de Choupiña e Trastón: contamos cos sentidos.
O pasado venres 12 de maio, realizaron este contacontos no PAI de Boimorto no que deleitaron os/as usuarios/as ca súas nanas, cantos, poemas, etc

Con motivo do Día das Letras Galegas, estivo na Axencia de Lectura de Vilasantar, Lisístrata, Contanto en feminino, para todos os nenos do Concello.



Séguenos