“Cantareiras” na Biblioteca de Portonovo
O mércores pasado tivemos a Polo Correo do Vento coa súa proposta para as Letras Galegas.


O mércores pasado tivemos a Polo Correo do Vento coa súa proposta para as Letras Galegas.



As nenas e nenos do Concello de A Arnoia desfrutaron dunha xornada de animación á lectura dentro das actividades programadas pola Biblioteca pública municipal,a través da música e do xogo dentro do universo da “Salda de Catapunchimpún”. Aproveitamos o bo tempo para facer a actividade no exterior, e resultou moi gratificante.
Un día moi entretido e divertido!
O concello de Bóveda celebrou o domingo 18 de maio un evento para conmemorar as Letras Galegas


Acompañados duns grandes profesionais: A Xanela do Maxín que co seu espectáculo: “De Rosalía ás cantareiras” fixeron participar a todas as persoas asistentes.
Un obradoiro creativo muy divertido, os participantes aprenderon técnicas e trucos para facer debuxos e caras, a analizar as diferentes partes dun rostro e poder cambiar o debuxo final, unha actividade participativa e aberta a tódolos públicos e idades.
Onte 19 de maio festexamos as Letras Galegas na biblioteca , acompañounos Mere Clown cós “Contos do avó. Mulleres galegas” pasamos unha tarde divertida cós contos , caídas e os tropezós do avó.





O venres de 16 maio poidemos desfrutar da Fundación Legar na Axencia de Lectura de Tirán.
Xavier e Martina celebraron unha sesión de arrolos na que se empregaron movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña…


Tradicionalmente estas cantigas empregábanse para relaxar e adormentar as nenas e nenos transmitíndolles serenidade, protección e amparo, favorecendo o sono, e reforzando o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.
O martes 13 de maio tivemos na Axencia de Lectura de San Vicente a Maria Faltri co espectáculo “Coa Pandeireta na man” para todos os nenos e nenas do CEIP As Bizocas do Grove
Cantamos e bailamos todas as cancions mais coñecidas da nosa tradicion popular dunha maneira mais moderna. Tivo en pe en todo momento ao publico que ainda que empezou un pouco timido acabou subindo ao escenario a compartir e cantar as cancións con ela.

Os nenos disfrutaron moito cos contos….
Onte a tarde tivemos na biblioteca a actividade BiblioCanta homenaxeando as cantareiras a través do cancioneiro tradicional cantado e bailado polos nenos e adultos.
Cumpriu todas as expectativas, todos disfrutaron moito da actividade

Para celebrar o día das Letras Galegas 2025, o venres 16 de maio tivemos un obradoiro adicado a música tradicional galega. Os participantes, a través de diversas técnicas plásticas e mediante a inclusión de códigos QR realizaron unha peza audiovisual mediante a cal deron un repaso polo panorama musical galego




Séguenos