MERE CLOWN NA BIBLIOTECA DA CAPELA
Onte 19 de maio festexamos as Letras Galegas na biblioteca , acompañounos Mere Clown cós “Contos do avó. Mulleres galegas” pasamos unha tarde divertida cós contos , caídas e os tropezós do avó.




Onte 19 de maio festexamos as Letras Galegas na biblioteca , acompañounos Mere Clown cós “Contos do avó. Mulleres galegas” pasamos unha tarde divertida cós contos , caídas e os tropezós do avó.





O venres de 16 maio poidemos desfrutar da Fundación Legar na Axencia de Lectura de Tirán.
Xavier e Martina celebraron unha sesión de arrolos na que se empregaron movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña…


Tradicionalmente estas cantigas empregábanse para relaxar e adormentar as nenas e nenos transmitíndolles serenidade, protección e amparo, favorecendo o sono, e reforzando o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.
O martes 13 de maio tivemos na Axencia de Lectura de San Vicente a Maria Faltri co espectáculo “Coa Pandeireta na man” para todos os nenos e nenas do CEIP As Bizocas do Grove
Cantamos e bailamos todas as cancions mais coñecidas da nosa tradicion popular dunha maneira mais moderna. Tivo en pe en todo momento ao publico que ainda que empezou un pouco timido acabou subindo ao escenario a compartir e cantar as cancións con ela.

Os nenos disfrutaron moito cos contos….
Onte a tarde tivemos na biblioteca a actividade BiblioCanta homenaxeando as cantareiras a través do cancioneiro tradicional cantado e bailado polos nenos e adultos.
Cumpriu todas as expectativas, todos disfrutaron moito da actividade

Para celebrar o día das Letras Galegas 2025, o venres 16 de maio tivemos un obradoiro adicado a música tradicional galega. Os participantes, a través de diversas técnicas plásticas e mediante a inclusión de códigos QR realizaron unha peza audiovisual mediante a cal deron un repaso polo panorama musical galego




O coautor do libro “O androide Simón ” José Manuel Dopazo ,estivo contandolles o conto e falando dos planetas.
Logo os nenos e nenas debuxaron diferentes planetas escollidos por eles ,puxeronlles o nome a cada planeta
Durante o mes anterior os nenos e nenas do club de prelectores leron o libro como preparación para o encontro co escritor.


Tivemos un encontro coa escritora e ilustradora Estefanía Padulles ,que resultou moi didáctico e entretido porque lles contou e analizou o libro que leran os nenos e nenas dos clubes de lectura de primeiros lectores.
O longo da sesión foi debuxando o conto que quedou como recordo nun mural para a biblioteca
Moi recomendable a experiencia.

A maleta da mestra, por Raquel Queizás, dose de realidade e de historia.
Na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, foi ás seis da tarde, o xoves 15 de maio.
O xoves 15, dentro do programa Maio de Letras, Galitoon visitou a nosa biblio co espectáculo Os Descontacontos.
Foi un divertido espectáculo que, a través de dous títeres, conseguiu gran interacción e participación do público, que axuda ao avó protagonista a contar os contos clásicos dándolles unha volta e actualizándoos.
Gustou moito.



Séguenos