O sábado, 23 de maio, ás 12.00 h os nenos e as nenas agardaban no Recuncho dos libros infantís a entrada de Magín Blanco.
Se os libros están encantados é que Magín debe ser mago… E a maxia comezou cando a imaxinación nos levou a B612 co Principiño, e para demostrar o moito que sabemos do Universo cantamos a canción dos planetas con Magín.
Despois contamos contos, falamos e cantamos en italiano, unha mamá traduciunos unha canción en inglés, todos os nenos e as nenas pasaron un tempo magnífico cando escoitaron e corearon as súas cancións favoritas de María Fumaça, A nena e o grilo, Rosalía pequeniña… contos, cancións, adiviñas. Unha mañá chea de contos para cantar.
O venres, 22 de maio, tivemos a Manuel Solla na nosa biblioteca contándonos contos sobre animais que tiñan poderes, ratos de biblioteca ou libros que, por arte de maxia, enchíanse de debuxos.
A actuación foi moi participativa facendo interactuar aos nenos e nenas que gozaron co espectáculo.

O venres 22 de maio, na biblioteca de San Pedro de Nós, asistimos a unha clase maxistral de Contacontos da man de Pablísimo.
Cunha habilidade increíble, conseguiu arrancar as gargalladas de grandes e pequenos.
A posta en escena estivo moi ben traballada : instrumentos musicais moi orixinais, cantar de cego ilustrado con viñetas, xogos coas letras…
Ademáis de divertida, a actividade resultou moi enriquecedora para o público asistente xa que introduciu partes da literatura tradicional como a literatura de cordel que de seguro que as rapazas e rapaces non coñecían.

Foi unha actividade moi completa, na que as nenas e nenos aprenderon a importante aportación de Leonardo da Vinci ao mundo, aportación que hoxe en día aínda resulta imprescindible
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolleu o sábado 23 de maio, a representación de A Orixe, un espectáculo de narración oral e manipulación de monicreques e obxectos por RAQUEL QUEIZÁS.
Unha exploradora chega á biblioteca para compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións polo mundo. Ante nenos e nenas dramatizarán as lendas e contos coa axuda de pequenos tesouros recollidos nas súas viaxes: // // // // // // //
Os nenos e nenas pasárono moi ben e os pais e nais estiveron esplendidamente participativos.
O xoves 21 de Maio celebramos na biblioteca o día das Letras Galegas, acompañounos Pablísimo co seus contos “¡Rás! contos batracios” tanto os nenos como os maiores pasáronno moi ben , os nenos mostrábanse colaboradores e vivindo os contos.
Co gallo da celebración do día da Diversidade cultural, o pasado 21 de maio, na Biblioteca Pública Municipal de O Carballiño tivo lugar a contada de “Irene en Oriente Próximo” enmarcada dentro da programación de Ler conta moito 2015. Con este conto, os artistas ensináronnos os costumes de distintos países de Oriente próximo, como o Libano, Jordania ou Palestina…. e tamén nos amosaron as especias máis empregadas, a area do deserto..
O público foron nen@ con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, que quedaron moi sorprendidos de poder ulir as especias, tocar a area…
O pasado xoves, 21 de maio, as integrantes de Contos en signos ofreceron na Biblioteca Municipal de Lugo un contacontos signado.
Para comenzar os nenos aprenderon a dicir, na linguaxe de signos, os nomes de animáis como o león, a serpe, o raposo, o elefante…
A continuación, un conto…

Contacontos signado
E despois un obradoiro no que traballaron co alfabeto braille.

Obradoiro de braille

Os nenos de Vilasantar o venres 22 divertironse e bailaron con Paco Nogueria e o seu espectáculo de Brinca Vai de aquí a acolá. Pasaron una hora do mais divertidas cos seus contos, cancións e bailes


Séguenos