O luns 15 de xuño os nenos e nenas de Viana do Bolo contaron coa visita duns persoaxes de conto moi especiais, que conseguiron sacar os sorrisos de tod@s @s asistentes. 


Un magnífico Paco Nogueiras presentou un espectáculo mezcla de música e tradición que fixo as delicias de pequenos e maiores. Repasamos o máis significativo das nosas festas: o nadal, o entroido… dun xeito amable e divertido.
Día 5 de xuño de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para descubrir que hai alguén máis a quen non lle gusta comer de todo (aínda que ó final resulte que si lle guste…) contamos coa actividade Comechíns na que Alba Bermúdez, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Vimos que tanto nenos como persoas teñen comidas favoritas, e comidas que non queren ver por diante, pero que se se proban, non saben tan mal.
Contos para aprender a probar de todo e descubrir novos sabores e experiencias gastronómicas.
Escoitamos que algúns animais, despois de comer, se transforman.
Cociñamos unha sopa con verduras de moitas cores e sabores (patacas, cenouras, pemento vermello, repolo,…)
Ulimos un conto…
… e soubemos tamén de quen gusta de comer libros…
En fin, que o pasamos tan ben escoitando de comer e comidas, que fomos contentos buscar a nosa merenda.
A actividade desenrrolouse coma estaba previsto ás 19:00h. do mércores 10 de xuño. Neste espectáculo nos achegamos á poesía de Aldaolado, un gran proxecto desenvolto por estas mozas, grandes poetas : Lucía Aldao e María Lado. Unha posta en escea lúdica e divertida, escoitamos os seus versos e tamén doutros autores das nosas letras. Houbo música de David Bowie e outros clásicos. Estupenda a versión de Rocío Jurado ¡ en galego ! e por último un poema de desamor a partir dunha receita de cociña : “Obleas de fígado de porco”.
O venres 15 de mai pechamos o programa de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración cos concellos. Foron os alumnos e alumnas de primeiro e segundo os que acudiron á Biblioteca De Pontecesures para disfrutar do espéctaculo “Conto contigo”, realizado pola compañía Expresión Producións.

O 14 de maio, os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto acudiron á Biblioteca De Pontecesures para disfrutar do espéctaculo “Contos do Mundo”, realizado por Solidariedade Internacional de Galicia, dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración cos concellos.

O martes 12 de maio tocoulle visitar a Biblioteca De Pontecesures aos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal, dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos. Disfrutaron moitísimo co espectáculo “A ciencia é divertida” da compañía Nita.

Hoxe luns, 11 de maio, levouse a cabo na Biblioteca Municipal de Pontecesures a primeira das actividades do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos. Nesta ocasión, foi a compañía “Intres” a que representou a actividade “O sono do rato”, dirixida a alumnos de educación infantil.

“Tarabelos” visitou a BPM López Cortón de Cedeira co espectáculo “O Traxe Novo do Rei”.
Un espectáculo con títeres que conseguiu que os nenos asistentes estivesen atentos durante os cuarenta e
cinco minutos que durou.
Marta Ortiz, da compañía “Tropa de Trapo”, ofreceu o venres 5 de xuño ocontacontos musical “Cores” con obxectos de reciclaxe e música.


Deste xeito conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente e aproveitamos para facer a entrega dos premios do concurso de fotografía medioambiental e relato curto impulsados dende o centro de lectura.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Os nenos escoitaron os contos e bailaron ao ritmo da música cuns pasos aprendidos previamente.


Séguenos