Manuel Solla contou cos nenos de Valga. Pasárono de medo cos seus contos, trabalinguas, monicreques e maxia. Fixo concursos e cantaron.
Hoxe a biblioteca de Cordeiro encheuse de risas, as pertencentes aos libros contentos de Carmen Domech e aos nenos que escoitaban divertidos as súas historias.
Ensinounos libros contentos, cheos de historias fantásticas, animais, flores, auga e libros tristes… preocupados polo seu futuro.
Na Biblioteca Pública Municipal de Trazo tivemos a actuación “Contos ao Revés”… unha divertida narración de contos cunha versión diferente á orixinal.
Tarabelos tróuxonos a historia “O traxe novo do rei” conseguindo que todos os asistentes estivesen moi atentos e saísen encantados.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
A Biblioteca Municipal de Vilalba celebrou o día do libro o luns día 27 coa actuación de Trinketrinke teatro co espectáculo “Non máis guerras”.

Os obxectivos deste divertido, musical e participativo contacontos teatral, foi fomentar o uso da biblioteca e a lectura, como educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos.

O xoves 23 de abril estivo na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán Dada o Duende nunha sesión de contacontos moi completa, a sala e a sesión.
Aquí está unha pequena mostra de como foi:
O día 24 de Abril celebramos na Capela o Día do Libro, acompañounos Soledad Felloza , narrou uns contos para que os nenos pasasen unha tarde alegre e divertida.
O sábado 25 de abril veu a nosa biblioteca Olga Abad da compañía Intres, e contou moitas historias divertidas sobre ratos, ratiñas e gatos : a historia do rato César, a rata Lavandeira e da gata Renata… a través dun teatriño de sombras e marionetas.


Séguenos