Para celebrar as Letras Galegas 2015, a biblioteca municipal de Culleredo organizou dous semanas de actividades, algunhas delas do programa Ler conta moito, como a que se desenvolveu o mércores 13 de maio, Obradoiro de banda deseñada, a cargo de Santy Gutiérrez, ás 18:30 horas
O xoves 14 de maio tivo lugar unha sesión de contos moi especial. Historias que empezaban ao revés, contos diminutos, adiviñas,cantares de cego…”Contiario” que así se titulaba a actividade fixo disfrutar aos nenos que participaron de forma activa na mesma.
Como sempre un pracer volver a contar con Pablo e os seus contos!
“
O sol é a flor do toxo no verán
O sol é unha moeda brillante
O sol é un globo sen cordel
O sol é unha pelota amarela
O sol é a lanterna que alumea para ti
O sol é a lápada que nos matén con vida
O sol é o balón de ouro
O sol é unha labarada detida
O sol é un limón maduro
O sol é unha acesa bombilla
O sol é unha mancha amarela no ceo
O sol é un xeado de vainilla
O sol é o brillo da primavera
O sol é unha tortilla de pataca
O sol é unha xoia tan linda que todo xira o seu redor
Yolanda Castaño e os nenos de terceiro ciclo de Ponteceso e Corme
O mércores 13 de maio as nenas e nenos de Primaria de Zas descubriron o Misterio do Pirata Benito Soto, da man de Polo Correo do Vento.
Rematamos cun obradoiro de ilustración, onde todos fixeron un debuxo seguindo as instrucións do ilustrador.
A actividade funcionou moi ben, pasárono xenial!!!
Moitas Gracias!!
Nesta semana das Letras Galegas, na nova Casa de Cultura de Cee, continúa o programa de actividades culturais organizadas pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” sendo os rapaces os grandes protagonistas. O xoves 14 de maio, 180 rapaces de Educación Infantil dos colexios “Eugenio López”, “Manuela Rial Mouzo” e das Escolas Unitarias de Brens e Pereiriña encheron de sorrisos as diferentes instalacións da Casa de Cultura (salas de exposicións, biblioteca,…) e en especial o auditorio, grazas á obra “Contos de lobo” da Compañia Teatro Ghazafelhos .
Cunha atractiva e divertida posta en escena, ofrécese durante aproximadamente unha hora, un espectáculo onde se mestura maxia, acrobacias, contos e xogos, facendo participar desde un primeiro momento aos cativos, os cales asisten espectantes durante toda a función.
O martes 12 de maio, as nenas e nenos de Zas pasárono en grande no Obradoiro de Regueifa.

Obradoiro de Regueifa
Ata se animaron a botar unhas coplas

Obradoiro de Regueifa

Obradoiro de Regueifa
A actividade realizouse no auditorio anexo á biblioteca para os escolares de 1º, 2º e 3º de primaria. Estivo moi ben, os/as nenos/as encantoulles.

A actividade realizouse o 14 de maio cos rapaces e rapazas de secundaria, adaptándose estupendamente ás idades dos mesmos.
Así foi o contacontos A maleta da avoa, de Raquel Queizás:
Historias con vacas, chocas, caldeiros de latón, mazarocas de millo, trasgos, mouras e cancións con moito ritmo! Os nenos participaron moito e acabou todo o público bailando, un show! 🙂
O martes 12 de maio na axencia de lectura de Guillade contamos con Anxo de Viravolta Titeres para aprender a realizar os nosos primeiros monicreques usando a técnica da papiroflexia e empregando folios de cores variadas.
Cada neno elaborou o seu monicreque e deixou voar a súa imaxinación a hora de decorar cada titere. Para rematar fixeron unha pequena representación e as risas encheron o local da Axencia de Lectura.


Séguenos