Tendo como fío conductor a elaboración do pan de millo e a recuperación da memoria dos avós, Migallas Teatro deleitounos con contos, xogos, cancións e bailes. Todos cantamos coa avoa Manuela, o piollo, a pulga,… e, con María e Carlos.
O mércores 13 de maio descubrimos por medio da narración e a ilustración o misterio do Pirata Benito, da man de Roque, a investigadora Peregrina “Pe”, o malo Euribor, o can Magnum en Baio (Zas). Rematamos a actividade cun obradoiro de ilustración onde cada un/ha de nós debuxamos o noso pirata.
Onte día 12 de maio para celebrar o Día das Letras Galegas -que se conmemora o próximo domingo día 17 de Maio na honra de Xosé Fernando Filgueira Valverde– en BiblioPazos quixemos empezar cunha actividade de narración oral con Fátima Fernández e o seu espectáculo “Érase unha vez uns zapatos…”.
Tivemos de invitados aos nosos amigos e amigas da Asociación ASPAVI e pasamos unha hora moi amena, divertida, participando todos dos contos narrados por Fátima.
Velaquí unhas imaxes do evento.
O PASADO 8 DE MAIO CHEGOU RAQUEL QUEIZÁS CO SEU ESPECTÁCULO Á AXENCIA DE LECTURA DE TOQUES FACENDO DESFRUTAR AOS ASISTENTES QUE LEMBRARÁN POR MOITO TEMPO OS CONTOS QUE ESCOITARON ARREDOR DO MUNDO.
O pasado 24 de abril, na Axencia de Lectura do Concello de Toques e coincidindo coa semana do libro, levouse a cado una sesión de contacontos da man de Sole Felloza cunha gran acollida por parte dos asistentes.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Tras o seu paso pola ALM de Oubiña, hoxe tocoulle o turno aos rapaces da ALM de Vilariño de poderen gozar do contacontos mesturado con maxia de Expresións Producións.
A actividade “Conto contigo”, que resultou moi divertida, enmárcase dentro da programación adicada ás Letras Galegas neste mes de maio.
Hoxe, martes 12 de maio pasamos unha fermosa tarde recordando o Libro da Selva en Baio (Zas) da man de Títeres Cachirulo
O pasado sábado 9 de maio, dentro dos actos programados para a celebración das Letras Galegas, a biblioteca Casa dos Fraga programou unha fermosa contada moi especial da man de Migallas e os seus Contos do chupete, para os socios máis pequerrechos da biblioteca municipal.
Ao ritmo de “Samba samba leré…” ou “Pachín pachán pachón… a gabaranciño non pisedes” e mesmo “Os sapatos piden medias… as medias piden sapatos”… acabamos todos, grandes e pequenos, cantando no xardín da biblioteca… sen dúbida foi unha mañá de conto!
O pasado luns 11 de maio, comezamos na ALM de Oubiña a celebración das Letras Galegas 2015 nos centros culturais do municipio de Cambados.
Grazas ao programa da Xunta de Galicia, Ler conta Moito, puidemos gozar do bo facer de Expresións Producións e o seu espéctaculo de animación á lectura “Conto Contigo” que inclúe contacontos, títeres e maxia… resultou moi divertido!
O luns 11 de maio Rois os 165 nenos e neas de Rois entre 2 e 8 anos gozaron do espectáculo dos Monicreques de Kukas.
O alumnado regresou aos seus centros educativos cun peculiar helicóptero de papel, agasallo do protagonista da función.


Séguenos