O xoves 9 de abril ás 18 h. nenos e nenas pasaron unha divertida tarde seguindo o rítmo camiñando, correndo e saltando, e facendo debuxos escoitando cancións axudados por Miren Mirari. A actividae foi moi participativa, e entretenida.


O xoves día 9 de abril ás 12:00 horas os alumnos do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios do Porriño acompañados por alumnos do centro educativo ACEESCA (Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor), despois de visitar a biblioteca disfrutaron do contacontos ilustrado “O misterio do Pirata Benito Soto” a cargo da compañía “Polo Correo
do Vento”. Unha historia de misterios que mestura a oralidade coa ilustración.

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, na Biblioteca Municipal de Vilalba, tivemos a visita de Migallas Teatro con “Os contos do chupete”. Actividade dirixida os nenos de 0 a 3 anos.
Os cativos puideron disfrutar de contos e cancións, no seu primeiro contacto coa biblioteca.

Actividade que contou cunha participación de 32 nenos e 22 adultos que os acompañaron, disfrutando dunha hora de lecer.
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron unha visita os nenos de Sada.
Un tempo de risas, de actividade, de interacción cos personaxes.
O venres 27 de marzo en “Tardes de Contos e Lendas” estivo na nosa biblioteca o Duende Dadá. Tiña moito que contarnos, onde vive, que come, que lle gusta facer e ademais …contos.

O pasado 25 de marzo Marisa Irimia engaiolounos cunha sesión de contacontos para bebes e pequechos titulada “Contos de marmeleiro, anís e limón” dentro da XVIII Campaña de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal de Meis en colaboración coa campaña Ler conta moito da Xunta de Galicia. Acudiron á chamada máis de 30 nenos e nenas do concello así como doutros limítrofes. Dita actividade supón o comenzo da tempada de animación que continuará até fin de curso.

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrou o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun espectáculo titulado ” Maxia cómica” da man de Leo Leiño.
Maxia cómica é un espectáculo para nenos e adultos, na que participaron os asistentes. Divertida e sorprendente e relacionada cos libros e contando unha historia que ía unindo os distintos xogos. Vamos….que os nenos pasárono en grande e os pais tamén.
Os nenos de Celanova pasaron un rato moi divertido gracias a actividade realizada pola Asociación Cultural Cucarandainas, grazas a unha sesión de Contos de peto.
O martes 31 de marzo a agrupación Trinketrinke Teatro levou a cabo un contacontos teatral para nenos a partir dos 3 anos. Cincuenta rapaces acompañados dos seus pais gozaron cos contos que a ratiña de biblioteca Lilí Gruyère nos trouxo ata Caldas de Reis.
Os días 30, 31 de marzo e 1 de abril 7 nenos e nenas de Irixoa aprenderon como realizar banda deseñada.



Séguenos