Trinketrinke teatro e os seus contos na cociña en Carral

O pasado venres, na biblioteca municipal, a ratiña Lili presentounos un menú moi apetitoso acompañado de contos e historias que encantaron a todos os nenos, nenas e pais que alí se atopaban.

O pasado venres, na biblioteca municipal, a ratiña Lili presentounos un menú moi apetitoso acompañado de contos e historias que encantaron a todos os nenos, nenas e pais que alí se atopaban.
O venres 30 de maio na ALM de Os Tilos (Teo) estivemos de merenda con Migallas Teatro. Presentáronnos “Merenda con pan de millo” que é un espectáculo de pequeno baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pla Editorial Kalandraka . Nel combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío conductor. Os temas musicales que se interpretan son: “Pinocho”, Pan de millo, O piollo e a pulga “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está grabada (toca unha banda de pulgas) pero as voces solistas son en directo. Está pensado para público a partir de dous anos. O local estivo a cheo como podedes comprobar e pasámolo en grande.
Na Biblioteca dos Centros Socioculturais de Santiago programouse para o mes das letras un obradoiro onde as nais e pais tiveron a oportunidade de gravar para os seus fillos contos coa súa propia voz. O traballo realizouse en catro sesións progresivas. Utilizáronse contos clásicos como: “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “Tres desexos”, etc. Púxoselles voz ós personaxes dos contos e graváronse. Paralelamente os nenos fixeron na aula de xogo as carátulas dos CDs
Solidaridade Internacional de Galicia tróuxonos unha nova proposta da colección CONTOS DO MUNDO: UNHA VIAXE POLO MUNDO A TRAVÉS DOS CONTOS, á Biblioteca Ánxel Casal.
Este ano tocoulles América Central.

Cunha chea de imáxenes e outros obxectos, para achegar a todos os nenos e nenas a cultura de Guatemala, ou de Senegal e mesmo Palestina

Onte, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, trouxeron á Biblioteca Municipal de Lugo a súa historia do pirata Benito Soto. Historia de piratas con todos os ingredientes para despertar a atención de nenos e nenas: misterio, tesouros, o malvado Euribor…

Ademais da historia, aprenderon uns “truquiños” para debuxar ao pirata coa súa barba, parche e pata de pau.

Os nenos de infantil dos colexos de Corme e Ponteceso disfrutaron, un ano máis, cos contos de Migallas Teatro. Contos, música, baile,… cos que Bea e David fixéronnos pasar unha mañá divertida e voando a imaxinación.
O sábado 24 de maio tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Trazo unha divertida sesión de contacontos con títeres e maxia.

Na BPM de Ordes, en abril, Manuel Solla presentou “Conto contigo”.
“Ler conta moito” trouxo á Biblioteca Municipal de Ordes a Manuel Solla. Visitounos o venres 25 de abril, coa súa actividade “Conto contigo”. Contounos varias historias e presentounos a algún animaliño moi travieso que se fixo amigo de nenas e nenos. Pasamos unha tarde moi divertida, en boa compañía.
EN ORDES, FACEMOS BIBLIOTECA!
Na tarde de onte, martes 27 de maio, Lupiña estivo con nós na Axencia de Lectura de Baio coas Aventuras na Cociña.
E trouxo uns personaxes moi curiosos..
que fixeron que estivésemos moi atentos/as


Séguenos