O martes 13 de maio, os nenos dirixidos polo Teatro Babaluva, aprenderon a deseñar o retrato de Xosé Díaz Castro en estilo cubista e aplicando a técnica do colaxe, mentres lle contaban detalles da súa biografía.
O martes 13 de maio un grupo de nenos e pais participaron das divertidas historias do Lobo bobo na Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis a cargo da Compañía Elefante Elegante.
O sábado día 10 de maio grandes e pequenos disfrutaron na actividade ” Moito conto” de Cucarandainas. Os nenos participaron gustosos na escenificación dos contos. Resultou unha sesión de contacontos moi entretida.
Unha boa forma de festexar o Día das Letras Galegas cos nenos/as de 4 a 12 anos foi visitar o sábado 10 de maio a biblioteca de Mos e alí xogar a crear unha paisaxe collage descubrindo a poesía “Esmeralda” de Diaz Castro. Cortamos, pegamos e pintamos versos en galego, euskera, aranés, filandés…
Hora: 12:00 am
Lugar: Biblioteca Pública Municipal
Actividade: “Babamor
Tipo de Actividade: Contacontos acompañado de cancións sobre certos libros como “O crocodilo e a xirafa” e outros
Artista: Larraiz Urruzola
Asistencia: 70 nenos e 20 pais
Valoración: Moito éxito, os rapaces atenderon e participaron nas cancións a proposta de Larraitz, que por certo quedou moi satisfeita da experiencia
O venres, día 9 de maio tivo lugar un obradoiro titulado “Ciencia ou Maxia?” Foi unha experiencia moi positiva xa que foi unha actividade participativa na que os nenos e nenas asistentes quedaron engaiolados ó ver como os experimentos científicos daban unha explicación a uns fenómenos que, a primeira vista, parecían maxia. Gustoulles aprender como poden eles mesmos levar a cabo algúns deses experimentos científicos.
Os nenos participantes no programa “Leer conta moito” poideron disfrutar da ciencia divertida que recollen moitos dos libros da biblioteca. Estos pequenos científicos leron e fixeron experimentos con Nita.
Charo Pita achegou ata a Biblioteca Municipal do Grove o espectáculo Triquitraque Traquetrique na mañá do sábado 10 de maio.

Trinta bebés acompañados dos seus pais e nais, asistiron a unha sesión moi especial de contacontos onde a narración de historias viña acompañada de xogos de palabras, trabalínguas, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes e música.

A pesar de que os nenos e nenas eran moi pequenos, portáronse moi ben e estiveron atentos ata o final, escoitando e participando cos seus pais e nais nesta divertida sesión de animación.



Séguenos