O pasado sábado Sole Felloza realizou unha estupenda actuación para os veciños e veciñas de Pazos de Borbén.
O Auditorio do Concello foi o lugar escollido para presentar o espectáculo “Sole Felloza conta todo o que le”. Un espectáculo moi dinámico, divertido e que fixo pasar un rato estupendo a todos os asistentes.
Seguiremos coas actividades de animación á lectura os días 30 de setembro e o 2 de outubro.
¡Esperámosvos!

O 7 de setembro todos os nenos e nenas que se achegaron a nosa “choiva de contos” disfrutaron dun gran espectáculo de títeres, contacontos, maxia…
Sabela, de “Sarabela Teatro”, reuniu o pasado venres a un numeroso público infantil e familar na Biblioteca de Moaña. Valéndose do xesto e da palabra, ensinou ós máis cativos e recordounos a outros que a imaxinación e a fantasía son armas gratuítas e poderosas.
O próximo sábado día 7 de setembro a partir das 17,00 horas (5 da tarde), no Auditorio do Concello, teremos unha actuación especial de narración oral coa actriz, contacontos, dramaturga e fotógrafa SOLEDAD FELLOZA que nos traerá o espectáculo “Sole Felloza conta todo o que le”.
A través dos seus contos Sole Felloza deleitará a todo o público asistente, nenos e maiores, coas súas historias facendo que viaxen a lugares incríbles, captando a atención do público co seu dominio escénico, facendo voar coa imaxinación.
Sole Felloza conta todo o que le. E canto le! Todo o que recolle polo mundo adiante, alí donde vai ela a contar de recorso só trae libros para a súa biblioteca que xa é mais grande que a casa enteira.
A cara de pracer, a emoción e a alegría dos nenos que identifican unha historia da súa terra ou da terra dos seus pais, mestúrase coa sorpresa e o bo recibimiento do resto dos nenos que descobren a través de contos, o ancho, diverso e rico que é o mundo.
Como pasaporte usamos a imaxinación, de billete levamos unhas palabras máxicas nacidas na selva e de equipaxe calquera cousa que caiba na nosa memoria e no noso corazón.
Un espectáculo para todos os públicos que non deixará a ninguén indiferente
O pasado 10 de maio Sherezade Bardají visitou a Biblioteca de Moaña. Presentounos unha narración que versiona, dun xeito moi orixinal, este clásico de Maurice Sendak. Narración oral intercalada con episodios visuais, escenificados con sombras chinesas, que cautivaron ó noso auditorio
O día 31 de xullo, Bibliotrasno de Chopupiña e Trasnón fixeron pasalo ben aos nenos de Coirós cos contos do bosque máxico.

O pasado venres, 30 de agosto, os rapaces de Abegondo tiveron unha divertida sesión de contacontos, na que estiveron moi participativos e o pasaron moi ben.
Os días 5,12,19 e 26 de agosto os nenos de noso concello convertéronse en : directores, produtores e guionistas de curtas de animación, baixo a supervisión de Minia e Paul.
O día 15 de maio Talía Teatro representou “Pequena” dentro da programación da BPM de Oroso para a celebración das Letras Galegas 2013. A protagonista fixonos reflexionar sobre o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden ser as cousas grandes. Historia da que gozaron grandes e pequenos do noso concello.


Séguenos