Xela e o dragón de Títeres Cachirulo na Biblioteca de Meicende “Antón Castro”-Arteixo

Xela e o dragón viviron unha aventura emocionante coa axuda do público asistente, que opinou e aconsellou aos personaxes.

Xela e o dragón viviron unha aventura emocionante coa axuda do público asistente, que opinou e aconsellou aos personaxes.
Onte tivemos a visita de 50 rapaces/as do I.E.S. Mosteirón de Sada para participar nun obradoiro que gustóulles moitísimo a todos. Por un día, sintéronse os protagonistas da película Crepúsculo.
Sen duda, unha experiencia inolvidable!!!
“A maleta” de contAZ trouxo novas experiencias e linguas novas que nos aprenderon e que nos servirán para coñecer novas persoas e experiencias.
A rapazada quedou encantada e abraiada con elas.


Neste mércores, 16 de outubro, estivemos co conta contos Manuel Fontemoura co que os nenos de 4º e 5º do CPI de Pontecesures se divertiron e aprenderon sobre a importancia da empatía, a tolerancia e o respecto ao diferente! Esta narración oral enmarcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.
Un contacontos moi divertido con monicreques onde Max inventa aventuras onde desafía a monstros que representan os seus medos, frustracións, rabia e todo tipo de temores que a Max o inquietan. Pasamos unha tarde moi divertida.

Onte Martes 15 de outubro, deleitounos a compañía BANDULLO AZUL con contos narrados por unha invitada moi especial chamada Filipa acompañada de Fran Campos, quen ao ritmo da súa guitarra, fixo participar á rapazada con xogos de memoria cantados. Un éxito de participación e diversion.




Onte pasamos unha mañá do máis divertida escoitando os contos de Animar-t da man de Xiada, que coa súa preciosa voz fixo as delicias dos pequenos e pequenas de Tordoia. Ademais, encantáronnos os seus monicreques e o acompañamento musical.
O pasado xoves 10 de outubro visitounos Patricia, de Eduvía, que marabillou á cativada. Non sabiamos cantas sensacións podemos acadar con obxectos tan sinxelos!


O venres 11 de outubro pasamos unha tarde estupenda con Iria, deseñadora gráfica, que nos aprendeu a crear a portada do libro que quereriamos ler.

Para a rapazada máis nova, Fani trouxo á Biblioteca municipal de Arnoia a actividade “Debuxando un conto”, na que participaron tanto os máis pequenos coma algún profe do CEIP San Salvador de Arnoia.
Unha actividade moi entretida e da que todas e todos desfrutamos



Séguenos