Taller de maxia o Charly e a fábrica de sonos na biblioteca de Vilasantar

Este 7 de agosto, os nenos do campamento de Vilasantar disfrutaron dunha mañan de maxia, co espectáculo do Mago Charly, por medio da biblioteca e o programa ler conta moito

Este 7 de agosto, os nenos do campamento de Vilasantar disfrutaron dunha mañan de maxia, co espectáculo do Mago Charly, por medio da biblioteca e o programa ler conta moito
Os cativos/as da biblioteca pública de O Irixo, desfrutaron da bonita experiencia de descubrir como se crea, edita, revisa, etc un libro da man de Cuarto de inverno S.coop Galega. A interesante historia de como as follas de unha árbore, se convirten con moita arte en follas de libros cheas de aventuras.
Ademais puideron realizar o seu propio libro, que acabarán de enches coas diversións que lles acontezan durante o verán.

O 5 de agosto realizouse dende a Biblioteca de Bergondo a actividade “Filipa cos contos 2024”. Un contacontos cheo de historias e música no que todos os asistentes puideron gozar e participar

O padado día 5 de agosto 38 nenos/as realizaron a actividade Olimpiada tecnolóxica-Robótica creativa con Leader Dreams. Durante hora e media aprenderon de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica, con robots de “LEGO Mindstorms”, “LEGO Spike”, esferas intelixentes “Sphero Mini”, drons e outros dispositivos electrónicos. Os/as participantes divertironse co diferentes retos: carreira de robots, composición de melodías, lásertag, etc.

O “Pequeno Cabaret Infantil” de Nelson Quinteiro chegou a Catoira o pasado sábado 3 de agosto. A calor acumulada na biblioteca obrigounos a sacar o espectáculo á rúa, ao que se sumaron pequenas/os e maiores, que gozaron dun divertido show que combina a narración oral coa música e o humor.

Outro obradoiro rematado na Biblioteca de Celanova. as ganas de pasalo ben e a creatividade son os mellores aliados para o verán

Con “Tralará, Contos, Obxectos e Música”, Marta Ortiz conxurou a atención divertida dos máis pequenos e das súas acompañantes, nunha actuación ao aire libre dunha espléndida mañá de agosto, na entrada da biblioteca.


O pasado 26 de xullo na Biblioteca Municipal de Paderne tivo lugar un divertido Obradoiro de chapas da igualdade. Un total de 56 nenos e nenas de entre tres e catorce anos pasaron una entretida mañá de venres facendo e debuxando chapas ó tempo que se traballou o tema de igualdade e violencia de xénero
O mércores, 31 de xullo, visitounos en Vilar de Santos, Marta Ortiz coa sesión de contos “Casa, casiña, casona”, na que descubrimos distintos tipos de casas, grandes e pequeniñas (a da lúa, a do grilo, a da raposa…).
Pasamos unha mañá moi amena e entretida na que os máis pequenos e as súas familias puideron desfrutar dos seus contos e das súas cancións.
Unha actividade sen dúbida moi recomendable.



Séguenos