Contamos en igualdade, de Eduvía.

Contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, Contamos en igualdade, Eduvía. Contos, proxeccións e cancións.

Contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, Contamos en igualdade, Eduvía. Contos, proxeccións e cancións.


Un espectáculo musical no que introduce os nenos/as no mundo da música onde se mesturan a narración oral e a música.

Onte Día das letras Galegas adicadas este ano a “Luísa Villalta”, tivemos a Grandísima Compañía de “Teatro Ghazafehlos” ca súa obra “Lúa”. Un maravilloso espectáculo donde todos os nenos e nenas presentes tiveron a oportunidade de participar como actores e actrices por un momento. Cabe destacar a gran capacidade de improvisación dos actores que en todos momento utilizaron a espontaneidade dos nenos/as así como resto de asistentes para crear un momento de humor. Ano tras ano repetimos con esta compañía e sen dúbida seguiremos repetindo posto que sempre nos deixan con ganas de máis.


O 15 de maio é o Día Internacional das Familias. Para celebrar esta efeméride, a biblioteca de Dodro contou co Iolanda Eiras e o seu espectáculo “ Fogares de cores”. Actividade, educativa e tamén divertida, que nos amosa que existen moitas formas e conceptos de familia.


imaxen da actividade .
90 min.

O día 15 de maio con motivo da celebración das nosas letras,invitamos a Caxoto para realizar unha contada sobre a igualdade, os nen@s e non tan nenos pasamos unha tarde moi agradable e amena.




A poeta Yolanda Castaño trouxo onte a San Sadurniño a charla “Muller, poeta, en galego… e polo mundo!”, na que deu conta das dificultades e prexuízos machistas que ela e outras mulleres creadoras tiveron que superar para abrirse paso no ámbito literario. Porén, Castaño -Premio Nacional de Poesía 2023- tamén aproveitou para falar de Luísa Villalta, homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Malia seren de dúas xeracións distintas, aínda que próximas, ambas compartiron proxectos e amizade até o pasamento prematuro da autora coruñesa, descrita por Yolanda Castaño como unha muller “dunha grande paixón creativa”.

Unha tarde do máis completa en familia con Luísa Villalta gracias a Polo Correo do Vento. Con narración oral, música e debuxo. Pasámola realmente divertida!!!

Feliz Día Das Letras Galegas


Séguenos