ACTUACIÓN DO MAGO TETO NA ALM DE SOBRADO

O día 18 de xuño tivo lugar a actuación do Mago Teto co seu espectáculo “A maxia dos contos”
onde os nenos disfrutaron moito

O día 18 de xuño tivo lugar a actuación do Mago Teto co seu espectáculo “A maxia dos contos”
onde os nenos disfrutaron moito
O pasado venres, 14 de xuño, Trémola Teatro visitou a Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo Leo e a música, un espectáculo dirixido a bebés.
Case trinta cativos e as súas familias se reuniron na sala de actividades da biblioteca estradense para desfrutar dun espectáculo no que Paula e Leo coñecían a diversos animais, cantaban e bailaban, ante a atenta mirada e a ilusión dos pequenos e pequenas, que tamén tiveron a oportunidade de participar no espectáculo.




Na tarde do pasado venres, a rapazada de Dodro disfrutaron moito, realizando unha serie de experimentos científicos moi interesantes con Héroes para la ciencia


Escribindo …
A tarde do xoves 13 de xuño na Baiblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas pasamos unha tarde divertida co Mago Paco e o su espectáculo ” unha maxia diferente”, na que a través de xogos de maxia traballou as diferencias humanas como un punto de partida na que vernos reflexados.



O 13 de xuño visitounos Marisa Irimia con varios varios contos de magos,nen@s e maiores pasamos unha tarde moi divertida.




Na biblioteca Municipal Isidro Novo de Lugo, recibimos a Paula Carballeira co seu espectáculo “Tres Irmás, tres camiños e tres grandes perigos”. Un contacontos no que a interpretación de Paula é a protagonista, conseguindo atraer a atención tanto dos nenos e nenas asistentes, como dos seus pais. Moi recomendable!



Paco Nogueiras estivo na tarde de entrega de premios da biblioteca Municipal e logrou crear un clima moi festeiro e participativo de toodo o público,infantil e adulto.Foi unha tarde de música,bonitas letras ,bromas,xogos etc que gustaría repetir.
Co seu espectáculo Quiquiriquí! Raquel Crespo fíxonos desfrutar dunha tarde chea de contos.

A cativada achegouse onte en Bueu aos contos a través da maxia. Foi da man da actividade “Contamaxias” do Mago Paco. Un espectáculo moi divertido do que gozou o público infantil e familiar na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.



Séguenos