O lapis que non quería ir a escola
Tarde de diversión na Biblioteca de Lalín co contacontos- obradoiro O lapis que non quería ir a escola! Pasámolo xenial tanto os cativos como os adultos!
Tarde de diversión na Biblioteca de Lalín co contacontos- obradoiro O lapis que non quería ir a escola! Pasámolo xenial tanto os cativos como os adultos!

Para celebrar a semana das Letras Galegas, esta tarde tivemos na biblioteca á contacontos Catuxa Cela co conto A Cebra Camila .
Moito bandullo e bochos que encheron de faragullas de contos a biblioteca de Coiro.
Dani Blanco fixo que a rapazada pasase unha tarde do máis divertida acompañados dos persoaxes preferidos dos contos infantis, que tan ben coñecen…
Risas e adiviñas para celebrar o Día das Letras Galegas 2024.





A autora Laura Parrula e o ilustrados Óscar Villán achegarónse a biblioteca para contarlle a cativada como se fixo o libro Monstr3s. Un obradoiro que encandilou as mestras/es e alumnos/as.


Contacontos A orixe, de Raquel Queizás, na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, con moita interacción do público.
O cociñeiro Hugo, chegou a Vila de Cruces o día 10 de maio ás 16:30 para entreter ós nen@s e maiores coas súas cancións e historias onde o tema principal era a igualdade de xénero. Contounos varios contos, entre eles Brancaneves e os 77 ananiños. Foi unha actividade educativa e tamén divertida.


O pasado venres 10 de maio inauguramos a programación das letras
galegas na biblioteca de Foz co obradoiro “Debuxar letras” impartido por Alba Farto. Unha actividade de lettering moi demandada e
con gran aceptación, xa que se cubriron todas as prazas. A picaraxada aprendeu diversas técnicas para crear letras, mesturar cores co uso de pinceis, tintas e rotuladores. Ademáis realizacon os seus propios diseños que puideron levar á casa.
Un grupo de rapaces achegáronse á figura de Luisa Villalta grazas a este obradoiro de ilustración a cargo de Sheila García Prado, da compañía Costa Oeste que tivo lugar o pasado venres na biblioteca pública municipal de Caldas de Reis. Os nenos e nenas tras coñecer un pouco máis sobre a vida e obra da autora elaboraron os seus cadernos usando a técnica do Zentangle. Unha tarde amena na que aprendemos un pouquiño máis sobre a homenaxeada este ano polo Días das Letras Galegas.




Séguenos