Debuxando un conto…na BPM do Saviñao
Día 24 de outubro de 2025 ás 16:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Debuxando un conto
da man de Estefanía Padullés
o 23 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Con rapazada de 6 a 12 anos, logo dunha breve presentación sobre que partes conforman un libro, vendo uns exemplos do traballo de Estefanía, puxémonos mans á obra.
Seguindo as directrices da autora, soubemos que é unha portada, cantas partes compoñen unha historia e establecemos que iamos escoller unha personaxe á que lle vai pasar algo e decidimos como vai rematar a nosa historia.
Unha vez planificada a nosa historia, sabendo que ía estar composta por 5 páxinas, decidimos que ía pasar en cada unha delas e como iamos representalo.
Con 5 folios en branco, unha cartolina, un lapis e cores, creamos incribles historias.
Tanta era a emoción, e a ilusión de que se traballabamos ben, o noso traballo ía quedar na biblioteca, formando parte do catálogo de obras, que nos esforzamos ó máximo e saíron unhas historias fermosísimas.

Ademais coñecemos en que sección da biblioteca vai estar e por que. Tamén soubemos como se vai identificar e por que. Poderemos atopalo en breve no catálogo da biblioteca onde tamén temos os libros de Estefanía Padullés.














Séguenos