O mércores 22 de abril, Carmen Domech achegounos á Biblioteca de Padrón á cabra Micaela e a súa pastora. Trouxeron contos toliños e historias sen sentido que nos encheron de alegría.
Na Biblioteca Municipal celebramos o día do libro o 27 de abril da man do espectáculo “Palabras PercuDitas” , que ao ritmo da música nos descubriron fermosas historias da época da nada, cativos que descobren monstruos que se fan os seus amigos … Tanto cativos como maiores non quixeron perder o fío destes contiños.
df
O domingo 26 de abril, o Grupo de Teatro Triatreros estivo na Axencia de Lectura de Ribas de Sil co contacontos Comechíns.
Nesta sesión a encargada da actividade, Alba Bermúdez, contou varios contos relacionados coa alimentación saudable, onde a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.

O día 24 de abril a Biblioteca Pública Municipal de Vila de Cruces, recibiu a Patricia de Eduvía que caracterizada do personaxe Dada o Duende, relatou os nen@s unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais, unha divertida forma de fomentar o hábito lector e o amor polos animais. Rematou a actividade cunha canción na que participaron todos.

O día 27 de abril a Biblioteca de Alfoz celebrou o día do libro con unhas simpáticas pizzeiras de Sarabela Teatro. Escoitamos os seus contos facendo as ledicias do público asistente.
Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro” levouse a cabo, na biblioteca, unha sesión de contacontos, a cargo de Marisa Irimia, animadora, ilustradora e narradora, que cautivou ós nenos e nenas asistentes.
Marisa, axudada por monicreques, bonecos e cancións centrou a atención dos máis pequenos, facendo as ledicias do público asistente.


Dentro das actividades programadas para conmemorar o Día do Libro 2015, a biblioteca pública municipal de Brión organizou un serán conta contos a cargo de Raquel Queizás, que presentou o espectáculo “A maleta da avoa”. Unha divertida sesión con historias dirixidas a nenos e nenas maiores de 3 anos de idade, con obxectos e monicreques.
Esta actividade foi patrocinada polo programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia e celebrouse na sala infantil da biblioteca municipal cunha asistencia duns 26 persoas, entre nenos e adultos.
Onte , 23 de abril, visitounos Pablísimo, para celebrar o dia do libro na biblioteca, co seu divertidísimo espectáculo “Contiario”.
Contounos unha morea de historias, contos con moitos finais, adiviñas, contos-canción, … e fíxonos botar unhas boas gargalladas.

Día 10 de abril de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Celebramos o Día do Libro Infantil co contacontos Érase unha vez uns zapatos… de Fátima Fernández, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Fátima presentouse e rapidamente se puxo “á faena” co seu mandil de zapateiriña remendona contadora de historias.
Así aprendemos que os zapatos FALAN! Si, falan. Por exemplo, os de Laura, dixéronnos que ela sempre pisa un zapato co outro e que nunca os limpa con crema. E como é que o sabemos?, pois porque Fátima é neta de zapateiro e aprendeu a lingua dos zapatos desde moi nena e fíxonos de tradutora.
Coñecemos a historia dos zocos dun neno que non os podía poñer para ir ó galiñeiro co seu pai (para que non se mancharan). E eles querían ir porque lles dixeran que as galiñas contaban unhas historias marabillosas. Así descobrimos como se deu por primeira vez o caso dun galo incubando un ovo e todas as peripecias que viviu ata conseguir que nacera o poliño! E vimos en vivo e en directo como o Galo Aarón foi papá!
Descobrimos sentimentos e o significado das cores para o monstro das cores, amigo de Tamara.
Rimos moito coas historias, tanto que case choramos coa risa e ó final resulta que case todos tiñamos a cor rosa (do sentimento do amor) e verde (o sentimento da calma).
Desde logo, a sesión foi espectacular e moi divertida. Agardamos tela pronto de volta con máis historias.
Co gallo da celebración do Día do Libro, na Biblioteca de O Carballiño tivo lugar a actividade “Pan e auga? Sopas!!! da compañía Xandobela. Dita actividade consta de dúas partes:
A primeira parte é unha contada baseada nas historias que narraba o avó Casiano á súa neta, narracións moi entretidas que levan un pouquichiño de retranca e moito humor. Acompañan a estas historias cantigas de base popular e tradicional, que unidas ós enredos e brincadeiras fan que o público se vaia entregando pouco a pouco ata estar completamente introducido na función.

A segunda parte é un pequeno obradoiro de cociña creativa, na que todos os asistentes quedan gratamente sorprendidos.


Séguenos